Parece ser que a Cadena de Supermercados Compramuller quere quitar marcas dos seus andeis e vender só marcas brancas. Non queira Deus que todas as cadeas de alimentación fixesen o mesmo, porque se quixésemos unha cervexa rubia da Coruña teriamos que ir á fábrica; se quixésemos salchichas Docampo frías, teriamos que ir á fábrica; se quixésemos unha cervexa de nome Cruz, teriamos que ir a fábrica; se quixésemos atún Sinpelos, quero dicir Sinperos, teriamos que ir á fábrica. Ou sexa que teriamos que andar de fábrica en fábrica. O mellor é que as fábricas veñan a nós. A ver se temos que comprar marcas por internet!
Rosa con espiñas, cardos e ortigas
O pasado sábado, ollando El Correo Gallego, nas cartas al director vin unha carta titulada Rosa Díez, "Gallega". Esa carta escribiuna meu curmán, e di que Rosa Díez é burriña ou "gallega", pois vai perder moitos votos en Galicia por dicir o que dixo.
Eu endexamais usaría verba tan fermosa para definir unha Rosa, unha rosa con espiñas, cardos e ortigas. Non se lle pode dar tanta importancia a que lle chamen gallego, no sentido pexorativo da palabra a Zapatero, pois el está moi orgulloso de que lle chamen gallego, de feito el antes de alugar vivenda na Moncloa, pasaba as vacacións en Galicia, concretamente en Portosín. Alí estaba facendo cursos de galego. E agora fai tan malamente mal o de presidente de Goberno para que o boten fóra ou para que non o voten. Quere voltar a Galicia, para ver se lle damos o título de galego, e así poder presentarse á presidencia da Xunta de Galicia por o PARGA.es (partido galeguista español).
Ó que lle dou importancia é que a Sra. Rosa Díez lle chame gallego a Rajoy no sentido mellorativo da palabra, pois el non presume de selo nin de falalo. (E pensar que lle prometín o meu voto se falase galego, aínda que só fose na intimidade).

Pois iso, curmán, para que a Sra. Rosa Díez vexa que temos cultura pexorativa europea fagámonos os suecos. Se algún día teño unha filla voulle chamar... Camelia e gustaríame que ti, curmán, foses o padriño.
Multa inxusta
Cal foi a nosa sorpresa cando nos parou Tráfico. O axente meteulle unha multa por ir falando polo móbil. Fran díxolle que non, que el non falara polo móbil dende había case que unha hora, e se non que me preguntase a min. O axente non me quixo preguntar. Eu ía dicirlle a verdade, pois eu non minto.
Eu son o móbil de Fran. Se o axente me preguntase daríase conta de que facía unha hora da última chamada feita e tres cuartos de hora da última recibida. Fran recurreu a multa e tamén vai a ir ao Defensor do sentido común.
¡Pacto xa!
Dous curmáns 52 aniversario
Había unha vez dous curmáns, un Xosé o outro Xoán. Naceron na mesma casa, a tres metros de distancia e a sete meses, tamén de distancia. Foron xuntos á escola, xogaban xuntos, rifaban xuntos, ían xuntos á praia de Razo. Ían xuntos co ramo o Domingo de Ramos e fixeron a primeira comuñón... no mesmo traxe.
Na adolescencia ían xuntos á praia de Razo e alí xogaban coas ondas, coa area e escoitaban o silencio do mar. Aos dous gustáballes ler e escribir. Facían algunha que outra poesía, historias curtas, contos...
Na xuventude tamén ían xuntos á praia de Razo e alí seguían a escribir e a falar dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos e a vida separounos un pouco, un pouco moito.
Un foi para Montemaior e o outro para Montecalvelo. Agora que os fillos xa son grandes teñen máis tempo para ir a Razo, para ler, para escribir... De feito os dous escriben historias e algunhas publícanllelas nos xornais. Unhas son malas e outras son peores, pero están moi orgullosos.
O outro día, que facía 36 graos de calor, alí en Montemaior e en Montecalvelo, miraron para Monte Neme e viron na súa faldra unha fumareda; non era un incendio, era néboa, era borraxeira, era brétema. E telepaticamente e telefonicamente, puxéronse de acordo para ir ao fresco da praia de Razo. Alí, a 16 graos, atopáronse no Cordobés. Alí, a carón da lareira, sentáronse con dúas. Con dúas rubias. Con dúas rubias da Coruña..., do tempo naturalmente.
Esta foto quiteina dende o trípode composto polos tres montes, Monte Calvelo, Monte Maior e Monte Neme. E foi para felicitar ao meu curmán Xoán polo seu 50 aniversario. Hoxe volta a estar de aniversario e non se me ocorre nada, así que vou facer como o meu amigo Raúl, que lle comprou unha ducia de rosas de plástico á súa dona e regálallas todos os anos. Parabéns, curmán, polo teu 52 aniversario!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Datos personais
- José Manuel Canedo Aguiar
- A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
- A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.