Mostrando entradas con la etiqueta Carballo capital de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carballo capital de Galicia. Mostrar todas las entradas

Carballo capital de Galicia

  Son un gran defensor do galego, e falo galego con todo aquel que vexo que me entende. E deféndoo escribindo cartas a diversos xornais, loxicamente en galego como eu sei, pero corríxenme! E nesta carta vou facer un resumo de todas elas. Cando gañou Feijoo as eleccións, fixen unhas "reflexións" falando comigo mesmo:
  - Teremos que falar español?
  - Xa o falamos, pois o galego é español.
  - E as galescolas?
  - Feijoo gobernará para todos, ensinarán en castelán (sempre e cando atopen mestres de castelán, pois está en perigo de extinción) pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas. Noutra carta titulada "Falo galego" dixen: "Nunha entrevista que lle fixeron ao Sr. Núñez Feijoo, preguntáronlle que adoitaba  falar, galego ou castelán? Contestou: "Si se dirigen a mi en gallego, hablo en gallego, si se dirigen a mi en castellano, hablo castellano". Pero non dixo que é o que fala cando se dirixe el. Móllese Sr. Feijoo, non vai  perder votos, as eleccións xa as gañou". E acabei a carta desta maneira: "O galego está en perigo, hai que defendelo, hai que fomentalo e hai que falalo. É a nosa máis grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Pechemos o paraugas. Mollémonos, pois non van  mexar sempre por nós".
  Decateime de que lle estaba dando ás aos nacionalistas e escribín outra carta aclaratoria, "Aclaracións": "Falo galego, xa o falaba cando os nacionalistas se agochaban detrás do castelán. E ríanse de min, polo meu acento. Cando veu a democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Por calquera cousa facían manifestacións, folgas... Reprochábanme, ensinándome fotos dos xornais, o non estar na foto, e eu dicíalles: "Como vou estar, se a foto a fixen eu". E voto Bloque porque é o máis galeguista de todos.
  Unhas semanas despois escribín "Friends para sempre". Era unha carta de conciliación, unha especie de parábola: "Chámome Alicia. Teño dous fillos. Un fala galego e o outro fala castelán. Sempre están rifando. Canseime e obrigueinos a chegar a un pacto. De domingo a venres unha semana falamos galego e outra en castelán". Preguntarédesvos: e o sábado?  Sábado inglés. Eu inventei o trilingüismo. Loxicamente Alicia era Galicia.
E estes días que volve a estar de actualidade, poucos argumentos tiña. Por iso decidín facer un resumo. Só podo engadir que eu non son nacionalista, nin separatista e non son independentista. Ó contrario, son anexionista e integrista e quero que o resto de España pertenza a Galicia, e que a capital sexa Carballo.

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.