Mostrando entradas con la etiqueta Eleccións outonais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eleccións outonais. Mostrar todas las entradas

Eleccións outonais


  Caen as follas das árbores, caen as follas do calendario e a crise segue medrando. O outono e o tempo non son capaces de eliminala, agroma no medio das follas! Tempo de eleccións nas tres comunidades históricas. En Galicia non temos recendos de asfalto, pois non hai obras públicas. A vía rápida da Costa da Morte leva tres meses paralizada, pero Feijoo promete reanudar as obras despois das eleccións. A autovía Carballo-A Coruña, que fai uns anos que é autoestrada, máis ben burroestrada, diría eu, ten o prezo conxelado no tramo Arteixo-A Coruña, pero o tramo Carballo-Arteixo está a baño-maría. É unha autoestrada na que nin sequera as cicloxéneses esas son capaces de pasar de 100 K/h. E agora bombardéanos a pedradas, pero Feijoo xa dixo que non voltaría a caer outra pedra, polo menos no tramo Carballo-A Laracha. Feijoo véndenos os contratos con Pmex e os coches eléctricos. Non nos sairá moi cara a ficha co cara que vai a corrente?




  Rajoy e Rubalcaba vólcanse en Galicia, pois no País Vasco non teñen nada que facer. E en Cataluña ameazan con ser indepiercings, pero van de farol. A rivalidade Barça-Madrid une máis a España có sistema democrático, cós partidos políticos e que ningunha outra institución.
  Os políticos só pensan no máis inmediato. No voto. Que se senten, dialoguen, pacten... e solucionen dunha  vez os grandes problemas que nos acucian, que senón eu, non é que me absteña, vou votar, pois é o meu dereito, é a miña obriga, pero non vou  votar por ningún partido, nin sequera en branco. Vou  votar en negro!



Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.