Mostrando entradas con la etiqueta Oito apelidos galegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oito apelidos galegos. Mostrar todas las entradas

Oito apelidos galegos

  Adoito tomar un viño sempre no mesmo bar. Máis ou menos os clientes somos sempre os mesmos e, queiras ou non, colles confianza. O outro día Brais, que ten 24 anos e traballa na mesma empresa cá miña filla Uxía, díxome:
  - Non sei se serei capaz de dicirche o que che vou dicir?
  - Ánimo!! Hai confianza, Brais.
  - Xa sabes que Uxía e mais eu somos compañeiros de traballo, e quero dicirche que me gusta moito, que estou namorado dela, pero ela nin sequera mira para min. Se puideras interceder...
  - Mira rapaz! A miña filla é dona de si mesma, e ademais, para aspirares a ela, tes que ter oito apelidos galegos!!
  - Téñoos: Añón, Rey, Recarey, España, Outeiro, Porteiro, Cebey e Besteiro.
  - Válenme! Vouche  dar uns consellos para que Uxía se fixe en ti. Ela é moi romántica, gústanlle as rosas brancas, gústalle moito a tortilla, encántalle bailar , gústalle a música galega, os detalles...
  - Moitas grazas!!
  Pasaron uns meses, e dime a  miña filla:
  - Este día fun con Brais  comer un bocadillo de tortilla con chourizo, e que bo estaba!
  O sábado pasado levoume  cear e despois fomos a un pub, e bailamos toda  noite bailes de salón. E regaloume, por San Valentín, antes de levarme a un concerto de Ses, unha ducia de rosas brancas.
  Rin para os meus adentros, pois Brais cáeme ben. E enriba ten oito apelidos galegos!!
  Pasou un tempo, sen que Brais e mais eu falásemos a soas, e díxome:
  - Non sei se sabes que Uxía e mais eu fomos a París.
  - Sei!
 - Quíxena levar a Roma, que é unha cidade romántica, quíxena levar a Venecia que é unha cidade veneciántica, pero decanteime por París, pois é a cidade do amor. Subimos á torre Eiffel e quíxenlle pedir a man, pero non fun capaz. Dei a volta para baixar e Uxía agarroume por un ombreiro e díxome:
  - Queres casar comigo? Estamos no país da egalité e teño o mesmo dereito ca ti a pedirche o matrimonio.
Loxicamente díxenlle que oui.
  - Benvido! Cos teus oito apelidos galegos e os oito da miña filla os meus netos terán dezaseis apelidos galegos.
  - Somos os máximos, meu sogro!!
  - Non o dubides!!

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.