05nov2011

A loca-cola


  O 31 de outubro, a véspera de todos os Santos, dado o tempo de choiva que facía, fun a un sitio onde endexamais chove. Un sitio cheo de palmeiras, salas de xogos, restaurantes, negocios, bares... Ás tres da tarde fun  comer e había colas en todos o sitios onde se podía comer. Pero non colas de 4 ou 5 persoas, nooon!, colas de 90 ou 100 persoas. Estiven un anaco nunha. Fixeime, observei e vin que a xente se  facía amiga dos seus veciños de cola, os pais e os fillos tiñan conversas. Dicíalle un pai a un fillo: "Ven para aquí, baixa de aí que vas a caer". "Non, non, eu quero ir para a cola do burguer". Unha parella de rapaces incluso se  fixeron noivos. Non puiden evitar  escoitar: "Ola, guapreciosa!, gústasme un montón. Se ti sentises a milésima parte do que eu sinto por ti, compraría un décimo de lotería de Nadal gañador, secuestraríate e levaríate a unha illa deserta onde o sol quentase día e noite e que ademais tivese un Marineda como este". E ela dixo: "Quero que saibas que eu sinto por ti algo parecido dende aquel día que te vin na cola do paro". E déronse un bico e unha aperta diante de todos nós.
  Saín da cola. Dixen: "Xa virei máis tarde  comer un bocadillo". Pasei polo baño e un coñecido estábase afeitando. Saudeino e díxome: "E iso que acababa de afeitarme antes de meterme na cola". Fun dar unha volta dun par de horas polos negocios. E despois voltei  comer un bocadillo e aínda a xente estaba facendo a cola, pero esta vez era para pagar. Saíu a rapaza da historia de amor con outro rapaz, e o anterior saíu de alí a pouco, pasando a man pola testa. Baixei aos aparcamentos e alí había ambiente de festa, pois soaban as bucinas dos coches dunha maneira estrepitosa e enxordecedora, coma se dunha voda se tratase. Unha hora e vinte minutos me levou chegar a autoestrada de A Coruña-Carballo.
  Eu son moi observador e decateime de que as colas son unha solución á crise, pois mentres estás na cola non gastas!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.