A finais dos 70 e comenzos dos 80 foi a explosión das salas de festas. En Carballo inauguráronse As Airas e A Revolta, matando o antigo salón Macías.
Na de Macías encomecei a dar os primeiros pasos de baile. Iamos catro ou cinco amigos e como non sabiamos bailar, faciamos apostas: se un de nós acadaba un baile dunha moza, os outros, entre todos pagábanlle unha cervexa. Era unha maneira de atreverse co baile!!
Cando xa tiñamos un pouco de práctica, a aposta era 1000 ptas., entre todos, a quen saíse cunha moza elixida entre todos. Mil ptas. naqueles tempos eran o presuposto dunha semana. Mil ptas. eran 6 euros. Eliximos unha moza que estaba soa, e era moi guapa. Intentámolo varios, pero nada.
Cando foi a quenda de Mariano de Pura quedamos esparabanados, cando saíu con ela. Estabamos na Sala de festas A Revolta. Mariano era pequeno, só foi máis grande ca min cando eu nacín; levábame 2 anos. Mariano era moi simpático. Gañou a aposta e non tardou en casar con ela.
Non fai moito tempo que sei como foi a historia. Foi xunto a ela e díxolle:
- Queres saír comigo?
- Sei que toleaches?
- Que traballo che costa muller, saímos, tomamos algo na cafetaría e eu gaño a aposta. Despois volves a entrar.
Pero non volveu a entrar. Dende esa estiveron sempre xuntos. Así é o amor.
O outro día fun ver a obra de teatro Eroski-Paraíso, interpretada polo grupo Chevere. O argumento era: Unha filla dunha parella xurdida na discoteca Paraíso de Muros quixo facer unha película daquela aventura, que foi o día da súa concepción. Calquera dos nosos fillos podía facer unha película das nosas aventuras amorosas nas nosas salas de festas.
Hoxe en día a discoteca Paraíso é o Eroski de Muros. Oxalá a nosa Revolta fose a Eroski-Revolta, así non estaría en ruínas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario