A princesa amarela

  • Había unha vez un Conde Azul. Un Conde con dedicación exclusiva para dicir e inventar cousas. O Conde Azul sentía moita admiración por unha princesa, unha princesa que ben podía ser Rosa, pero era Amarela, pois facía rima co nome dela.
    O Conde tivera un tempo o número do móvil da Princesa Amarela, mandáballe mensaxes por Nadal, Aninovo, aniversario, onomástica...Pero un día díxose " Que estou a facer?Estou a pintar o indio! Ela ten un principe. E desfíxose do número do móvil. Tiñao anotado nunha ostia dos curas e comulgou. Comulgou sen confesar. Sen confesar a admiración que sentía pola princesa María Manuela, así se chamaba ela.
    Case que dende aquela estase a laiar e dise "por que non poido mandarlle mensaxes?  que ten de malo ser amigo dunha princesa?". E púxose a chamar a todolos números a partires do seis e sempre hacha a mesma resposta:" Está vostede enganado".
    Pero xa dixen que o Conde Azul tamen inventaba cousas. E inventou un teléfono, que en vez de funcionar con números funciona con letras. Marcou PRINCESA AMARELA MARÍA MANUELA e mandoulle a seguinte mensaxe:" Dille ao principe, que é o segundo home mais afortunado do mundo por terte, e non se che ocurra dicirlle, que eu son o home mais afortunado do mundo por coñecerte".
    Chegaríalle a mensaxe a Princesa Amarela?.Funcionaría o invento do Conde Azul?Será o Conde un dos pais das redes sociais?. Só o sabe ela, só o sabe María Manuela.


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo