A princesa amarela

  • Había unha vez un Conde Azul. Un Conde con dedicación exclusiva para dicir e inventar cousas. O Conde Azul sentía moita admiración por unha princesa, unha princesa que ben podía ser Rosa, pero era Amarela, pois facía rima co nome dela.
    O Conde tivera un tempo o número do móvil da Princesa Amarela, mandáballe mensaxes por Nadal, Aninovo, aniversario, onomástica...Pero un día díxose " ¿Que estou a facer?¡Estou a pintar o indio! Ela ten un principe. E desfíxose do número do móvil. Tiñao anotado nunha ostia dos curas e comulgou. Comulgou sen confesar. Sen confesar a admiración que sentía pola princesa María Manuela, así se chamaba ela.
    Case que dende aquela estase a laiar e dise "¿por que non poido mandarlle mensaxes? ¿ que ten de malo ser amigo dunha princesa?". E púxose a chamar a todolos números a partires do seis e sempre hacha a mesma resposta:" Está vostede enganado".
    Pero xa dixen que o Conde Azul tamen inventaba cousas. E inventou un teléfono, que en vez de funcionar con números funciona con letras. Marcou PRINCESA AMARELA MARÍA MANUELA e mandoulle a seguinte mensaxe:" Dille ao principe, que é o segundo home mais afortunado do mundo por terte, e non se che ocurra dicirlle, que eu son o home mais afortunado do mundo por coñecerte".
    ¿Chegaríalle a mensaxe a Princesa Amarela?.¿Funcionaría o invento do Conde Azul?¿Será o Conde un dos pais das redes sociais?. Só o sabe ela, só o sabe María Manuela.


Discurso en Granada

Vai uns meses, meu afillado o policía díxome que ía a casar con unha compañeira granadina e en Granada. Pidiume un favor; que lle fixera e lle lira un discurso na súa boda. Loxicamente díxenlle; seica toleaches!! non sabes que non me levo ben co castelán?. Pero accedín e por certo non tiven que dicir que son galego. O resultado mais ou menos foi este:

-Señoras y señores! Soy el popular presentador de Radiointerparroquial de Carballo. Hoy estoy aquí para presentarles un cantante. Un cantante que está muy de moda, pues acapara los últimos puestos del hitparade nacional. Primero en el último festival de San Remo, quiero decir último en el primer festival de San Román, celebrado en dicha city el 34 del mes que viene. Hoy está aquí para cantarnos unha canción, una canción que da título a su último eleepe Galicia y Andalucía. Con ustedes el famoso, el superfamoso, el conocido, el desconocido Yomismo.
 -Aunque estoy lejos de ti Andalucía, te llevo muy dentro de mi corazón, lo mismo que llevo a mi Galicia y a esa morena, dueña de mis sueños y de mi amor..
Estas palabras usó Fabián para decirme que estaba enamorado de Montse, hace ya unos cuantos años.
Os preguntareis,¿ quien soy yo? pues mi Señora y yo somos padrinos de Fabián. Para ostentar este título, tuvimos que acatar la condición de sus padres: primer regalo un Scalextric. Aun no caminaba Fabián y ya lo tenía. No tardé en darme cuenta para quien era el dichoso Scalextric. Después pasamos a los Playmobil; barco pirata, isla del tesoro, circo...así hasta los catorce años. Tenía unha barba incipiente y le regalamos una máquina de afeitar eléctrica y se enfadó. El quería su Playmobil. Al año siguiente, se lo compramos y nos dijo: "Padrinos! a partir de ahora dinero, siempre y cuando podais.
Cómo era Fabián: vago como la chaqueta de un guardia (espero que al cambiar de chaqueta cambiara su aptitud). El quería jugar al fútbol de portero y a ser posible sentado para no correr. Pero era y es la persona más entrañable y cariñosa que os podais encontrar.
Empezó a ser mayor. A tropezar en toda cuanta piedra había. El buscaba a su Montse, y la fue a encontrar en la loca academia de policía. Hoy están aquí para celebrar su matrimonio. Hoy será el segundo día más feliz de su vida, pues el primero fue el día que nació su hijo Fabianciño.
Espero que seais muy felices y comais muchas perdices, pero a partir de mañana, hoy disfrutaremos de otras viandas.

Todo moi ben. Ao final da velada,canteille unha canción aos noivos. Usei a música de Que viva España de Manolo Escobar e cambieille a letra:
El champán y el vino me emborrachan, por que en sus gotas hay vida y hay calor. La boda siempre ha sido y será beber,comer y nada más. Por eso se oye este refrán:  Que vivan los novios y siempre lo recordarán, que vivan los novios. La gente canta con ardor : Que se besen los novios Montse tiene otro sabor no la dejes por favor...olé.

Multas non

Sabedes cal é o concello mais pobre de Galicia? Uns din que é Nigrán, por que non teñen nin gran, pero eu digo que é a Rúa, pois viven todos na Rúa.
Polas rúas, cruces, rotondas de Carballo circulo eu, para ir ao traballo, ao mercado,ao supermercado...tamén circulo por diante da igrexa. Neses movementos circulatorios, vexo todalas atrocidades habidas e por haber: coches aparcados na rotonda de Francisco(ultramarinos no barrio da Milagrosa de Carballo), coches en dobre fila, aparcados na beirarúa, aparcados en pasos de peóns...Eu se teño que ir a un sitio aparco ben, ainda que sexa a dous quilómetros. Se atopo un sinal de prohibición e non vexo a cifra, pois está cuberta por matogueira e silvas, eu póñome a 50, e cando chego ao sinal e vexo que é de 70, dou marcha atrás e vou a 70. Cando vou por unha recta quilométrica e sen curvas onde hai un sinal de 50, por que hai dúas casa deshabitadas, eu vou a 50. Os coches, que veñen detrás, pítanme, pero eu teño unha pegata no cristal de atrás na que pon "Perdonen las molestias. Agotado presupuesto multas".
Son dos poucos que lle leva unha hora ir de Carballo a Coruña, pois respeto os sinais e teño de menos de ir pola autoestrada das mil e unha curvas(os de Carballo non temos dereito a unha autovía, a un corredor...Temos que pagar!!).
O outro día, vindo de traballar, parei nun paso de peóns, pois alí había un peón. Abrín a ventaniña e díxenlle ao señor:
-Pase!
-Pasa ti!
-Non! non quero que me multen!
-E que eu non quero pasar!
-Vostede está a contemplar a circulación dende un paso de peóns? Pois agora pasa!
Pasou. Vin polo retrovisor que volvía a donde estaba. Seguín e cheguei a un sinal deses que ten unha pantalla, na que che di a velocidade a que vas. Eu a 30, respetando o sinal. Adiantáronme e pitáronme tres coches a mais de 50.
Que conste que eu estas arroutadas circulatorias legais, só as teño despois de pagar unha saborosa multa.

O Atlético de Chucho da Jauvea

Coñezo moita xente, e mais ou menos, sei onde teñen o corazón deportivamente. A gran inmensa maioría respiran aire merengue ou blaugrana. Hai algún do deportivo, ainda con deixes cataláns ou madridistas. Coñezo dous do Celta. E ainda que vos estrañedes coñezo un colchoneiro. 
É Chucho da Jauvea. Coñezo de cando íamos xuntos ao instituto. E lémbrome daquela final da copa de Europa no estadio Heysel de Bruxelas, no ano 1974. Vímola xuntos en Galicia. Acabou o tempo regolamentaraio sen goles, e houbo que ir a prórroga. Na prórroga metiu Luis Aragonés un gol de falta, no minuto 114. E faltaba pouco para o final e niso que Schwarzenbech tirou un tiro dende moi lonxe, no minuto 120. Era o primeiro gol da súa vida, pero non era a primeira cantada de Miguel Reina, porteiro do Atlético. Houbo repetición do partido 48 horas despois. O Atlético perdíu 4-0. Naquel equipo, aparte de Reina, Luis Aragonés, José Eulogio Garate, López Ufarte, Adelardo, xogaba Rubén Ayala, o ratón Ayala, ainda que non puido xogar este partido, por que estaba sancionado. En clase de literatura, Chucho da Jauvea sabía de memoria o Canciller Ayala, pero o Marqués de Santillana non lle entraba nin de coña. Xa sabedes que Carlos Alonso "Santillana" era xogador do Real Madrid.
Despois viñeron os tempos da rivalidade Atletic-Barsa. Tiveron unhas tempadas de facer grandes partidos con moitos goles. Nun paratido deses, ía gañando o barsa 3-0 no descanso, e un catalán veciño de Chucho da Jauvea tirou tres bombas. O partido acabou 3-4 a prol do Atlético. O catalán foi a buscar as bombas. 
Tempos de Diego Pablo Simeone; dúas finais da Champións co Real Madrid en tres anos. A sorte dos campións favoreceu ao Madrid. O Atlético mereciu moito mais. Que conste que eu quería que gañase o Atlético, mais que nada para non ver a tableta de Cristiano Ronaldo, pois estou ata as narices de que me bote en cara a miña oronda barriga. Non felicitei a Chucho da Jauvea, pois non gañou o Atlético, pero espero que no 2050 me felicite por gañar o Deportivo a final da Champións Leage ao Atlético de Madrid.

Andainas polo nacemento do Anllóns

Díronnos a probar o viño, e daquela meu cuñado o Ferrador quitou o seu anecdotario e abriuno na páxina 75 e dixo:
-No 75 tiña que facer a festa e precisaba unha ola de viño (unha garrafa de 16 litros) e fun a taberna do meu compadre, fun pola rúa e vin pola estradaaa!. Doume a probar dous viños; un de cinco pesos e outro de vinte. Eu elexín o de 5 pesos:
-Éncheme  a ola deste viño.
-E que deste viño terei dous cuartillos.
Eu marchei sen o viño.
E eu díxenlle:
-Dende cando ti te chamas vinte pesos?
-Ti non entendeches nada; o viño bo era o de cinco pesos, só que el queríame vender o malo a vinte pesos. Como sempre pensamos que o mais caro é o millor!!
Eu daquela lembreime dunha historia que contaba meu pai, que loxicamente sabía o Ferrador!
Entrou nunha tenda de confección un home que viña de traballar nas minas de Asturias. Tiña moitos cartos, e pidiu a millor gabardina. As gabardinas levábanse moito aló polos anos sesenta. De feito meu cuñado Chucho da Jauvea ainda gasta e presume dunha que herdou do seu pai.
O dependente ensinoulle unha:
-Esta costa 500 ptas.
-Non tes algo mais caro?
O dependente levou para adentro a gabardina e voltou coa mesma e dixo:
-Esta costa 1.500 ptas.
-Esta é a miña!!
Pois si, díronnos a probar o viño na casa de comidas que eleximos para dar fin a ruta do nacemento do Anllóns.
Saimos do mosteiro de Soandres e subimos e baixamos costas, montes, montañas e balados. Vimos tremendas paisaxes e mais o curso do Anllóns, que por alí é só un rego. Chegamos a un monte, que está ao carón do monte Xalo. Dende alí vimos toda a mariña coruñesa; as Rías Altas, o Cabo Prior, a planta de Reganosa, o aeroporto, o outlet de Culleredo... Subimos un pouco mais o monte e alí estaba a fonte do Anllóns. Hai quen di que non é ese o verdadeiro nacemento do Anllóns, que é outro  que está mais arriba. Ese outro nacemento está no concello de Culleredo. 
A ruta foi de uns catorce quilómetros. Chegamos ao restaurante a hora de xantar. E despois de probar o viño comemos callos, polo da casa e cordeiro asados, cunhas patacas asadas, desas pequeniñas. Estivemos de sobremesa. Eramos os seis da ruta e mais o meu cuñado o Ferrador, que sempre se apunta aos papares, ten medo de perder a liña, a liña curva da súa barriga.
Trouxo o reloxo que lle ragalamos a familia pola súa xubilación. Nunca o pon, sempre anda con aquel Casio negro. Dixo:
-Teño un funeral as catro, así que eu logo marcho! Eran as catro e díxenlle:
-Non tiñas o funeral?
-Si, pero ainda son as tres!
Tiña o reloxo coa hora vella!. Colliuno tal cal. Menos mal que tiña outro funeral as seis e non perdiu de ir a capilla.
E nos entrementras estivemos preparando unha das vindeiras rutas, que transcorrerá polas ribeiras do Río Calvelo e do Bardoso. O Calvelo e afluente do Bardoso, que se xuntan na Ponte das Táboas( en Artes) formando o Rosende, afluente do Anllóns. A ruta pasará polas parroquias de Sofán, Rus, Artes, Berdillo e de volta a Sofán.


Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo