Aclaracións idiomáticas

Eu falo galego, pero non son nacionalista. Xao falaba cando eles se agochaban detrás do castelán. E ríanse de min. Eu era dos arrabaldes do meu pobo, e falabamos galego, como en todas as aldeas do concello.So no centro falaban castelán. Cando veu a Democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Facían manifestacións, folgas...por calquer cousa. Reprochábanme, insinándome fotos dos xornais, ó non estar na foto, eu dicíalle " como vou a estar, se a foto fíxena eu". Eu iba a escola, que era o meu sitio. ¿Era covarde?. Posiblemente. Pero eu non me deixaba manipular. Endexamais fun a unha manifestación, nin tiro pedras, non son violento, nin viorrápido. Son galego-galeguista, e penso que o galego non é patrimonio do BLOQUE. É de todos. Dos castelán-falantes tamén, ainda que o neguen. Falan castelán porque, "es más cómodo, tiene más perspectivas".E eu dígolles " e moito mais cómodo falar en inglés, ten ainda, moitas mais perspectivas, falemos todos inglés, eu apúntome. Renuncio ao galego,¿Renuncias ao castelán? ¿Cal é a tua resposta negativa castelán-falante?. Pois eu tampouco renuncio ao galego".

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo