Oito apelidos galegos

Adoito tomar un viño sempre no mesmo bar. Mais ou menos os clientes somos sempre os mesmos e queiras que non colles confianza. O outro día Brais, que ten 24 anos e traballa na mesma empresa ca miña filla Uxía, díxome:
- Non sei se serei capaz de dicirche o que che vou a dicir?
- Ánimo!! Hai confianza Brais.
- Xa sabes que Uxía e mais eu somos compañeiros de traballo, e quero dicirche que me gusta moito, que estou namorado dela, pero ela nin sequera mira para min. Se poideras interceder?
- Mira rapaz! a miña filla e dona de si mesma, e ademais, para aspirares a ela, tes que ter oito apelidos galegos!!
- Teñoos; Añon, Rey, Recarey, España, Outeiro, Porteiro, Cebey e Besteiro.
- Válenme! Vouche a dar uns consellos para que Uxía se fixe en ti. Ela é moi romántica, gústanlle as rosas brancas, gústalle moito a tortilla, encántalle bailar , gústalle a música galega, os detalles...
- Moitas grazas!!
Pasaron uns meses, e dime a  miña filla:
- Este día fun con Brais a comer un bocadillo de tortilla con chorizo, e que bó estaba!
O sábado pasado levoume a cear e despois fomos a un pub, e bailamos toda a noite bailes de salón. E regaloume, por San Valentín, antes de levarme a un concerto de Ses, unha ducia de rosas brancas.
Rin para os meus adentros, poi Brais cáeme ben. E enriba ten oito apelidos galegos!!
Pasou un tempo, sen que Brais e mais eu falásemos a sóas, e díxome:
- Non sei se sabes que Uxía e mais eu fomos a París.
- Sei!.
- Quíxena levar a Roma, que é unha cidade romántica, quíxena levar a Venecia que é unha cidade veneciántica, pero decanteime por París, pois precisa de moito apoio. Subimos a torre Eiffel e quíxenlle pidir a man, pero non fun capaz. Din a volta para baixar e Uxía agarroume por un ombreiro e díxome:
- Queres casar comigo?. Estamos no país da egalite e teño o mesmo dereito ca ti en pedirche en matrimonio.
Loxicamente díxenlle que oui.
-Benvido! Cos teus oito apelidos galegos e os oito da miña filla os meus netos terán dezaseis apelidos galegos.
- Somos os máximos meu sogro!!
- Non o dubides!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo