Canastrón de Casais

Teño corenta e dez anos e fai corenta que vin por primeira vez, en persoa, unha canastra de baloncesto, aínda que na televisión a vía no programa Cesta y Puntos de Daniel Vindel. Foi no meu instituto, había tres pistas en liña: balonmán, baloncesto e voleibol. En todas xogabamos ao fútbol, os máis grandes xogaban na de balonmán, que xa tiña as porterías, os do medio xogaban na de baloncesto, púñanlle pedras para facer as porterías, e nós, os pequenos, na de voleibol, coa rede descolgada e tamén con pedras como porterías. As canastras e a rede eran testemuñas das evolucións futboleiras dos meus compañeiros, das miñas non pois era negado para o fútbol . Estaba para nacer a miña afección.

Un día, o balón da pista de balonmán chegou á pista de voleibol, colleuno Celestino Casais, que medía un metro e pico e tiña unhas zapatillas da casa, non de deporte, que eran tamén os zapatos para ir á escola (moitos adoitabamos ir así). Xa digo, colleu o balón coas mans e doulle un zapatillazo como se dun saque de portería fose. Aquel balón voou polo ceo da pista de baloncesto e entrou na canastra, sen tocar o aro. Pensei moitas veces se a canastra non se puxo na traxectoria do balón para que nos fixásemos nela. Que canastrón! Aplaudímolo e dende aquela varios e mais eu empezamos a xogar ao baloncesto, ao ver que non era tan difícil meter unha canastra.

Comencei a ver partidos na televisión, a ver aqueles ídolos : Vicente Ramos, Carmelo Cabrera, Brabender, Luyck... España co tempo chegou a ser campiona do mundo cos Gasol, Rudy, Calderón... E agora está a vir Riky Rubio. A xogada de Celestino Casais, como non tiña móbil para grabala, grabeina na miña memoria e lembreime dela cando vin a Riky Rubio meter unha canastra estilo Casais, nunha propaganda de hamburguesería. Non creo que Riky Rubio metese a canastra no primeiro intento nin no último tampouco. Penso que foi unha montaxe.

Esta carta dedícollela aos afeccionados ao baloncesto e, en especial, a Casais.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo