Visto o visto, as medidas do Goberno non funcionan. Temos que ser nós, os de a pé, os que teñamos que coller o touro polos cornos e darlle a volta a esta España recesiva. Temos que consumir, pois así manteremos os postos de traballo e regalémoslle á Banca "luces", que nestas datas hai en moitos negocios, para ver se se decata que deixando cartos medrará o consumo, o emprego e a economía, e así a Banca tamén medrará. E regalémoslles ás Grandes Empresas e Multinacionais tamén "luces", para ver se se decatan de que o traballador precisa ter poder adquisitivo e tempo libre para comprar os seus produtos.
Recapacita Scrooge (personaxe de Charles Dickens nun "Cuento de Navidad", que representa mellor ca ninguén á Banca e ás Empresas) a ver se renace en ti o Espirito de Nadal , pois se non recapacitas, chegaremos á economía de subsistencia.
E se non deixémonos ir ata un 25 ou 30 % de índice de paro, e daquela si que o Goberno ten que tomar as rendas, repartir os traballos. Darlle un traballo a un membro de cada parella, a un el ou a unha ela, a un el ou a un el, a unha ela ou a unha ela. E ó outro darlle unha paguiña e darlle unha cotización. Coa paguiña e co que se aforra, andando á caza de ofertas e aproveitando mellor os restos de comida, conseguimos case o salario mínimo. Que gañaremos? Moito. Poderemos ter máis fillos, naturais ou adoptados; así medraría o índice de natalidade. Os nenos merendarían anacos de pan cunha mazá, cun plátano ou cun bocadillo de chourizo... Xogarían máis na rúa cos outros nenos. Diminuiría o índice de obesidade. As parellas durmirían xuntas, diminuiría o estrés, diminuirían os divorcios, pasariamos as vacacións xuntos, a familia gañaría en ética e en moral. Seriamos todos máis bos. E o máis importante: os avós gozarían por fin da súa tan merecida xubilación. Posiblemente non teriamos o AVE, pero así teriamos menos problemas coa gripe aviaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario