Quero protestar e protesto polo afán recadatorio do Goberno. Eu sempre reciclo vidro, papel e cartón, e andaba co meu coche en marchas longas, na punta do gas para non encher de malos aires a atmosfera e para non encher de aire o meu peto.
Resulta que nunha recta sen curvas con dous carrís de 5 metros cada un, con dúas beiravías de 3 metros cada unha, e entre cada beiravía e a beirarrúa hai outra beiravía de 3 metros, pois iso, múltanme por ir a 75 km/h onde está sinalizado a 50. Cen euros. (Non sei se multarían a un sapoconcho que acababa de adiantarme).
Cen euros que me costa 28 horas gañalos, pero eses 100 euros son ingañables, terei que renegociar co banco a miña hipoteca, posiblemente teña que tardar 15 días máis en amortizala.
Agora aprendín a lección, ando á velocidade que me din os sinais, que se a 30 a 30, que se a 50 a 50..., reducir, acelerar..., para conseguir a velocidade que a lei quere, teño unha tendinite no pé dereito e unha tendinite nos ollos de tanto mirar para o marcador de velocidade e para a estrada.
Pasou o que tiña que pasar, nunha mirada ao marcador de velocidade, sentín un topetazo, matei un can, un can de raza autóctona, era un can de palleiro, era dun amigo meu, un militante de base do partido socialista. Encarouse comigo. E díxenlle: "Quedo aí, comenteino con Rajoy e díxome que era culpa de Zapatero". O meu amigo, que sempre andou con chaqueta de pana, agora anda con chaqueta de traxe con gravata e camisa, e creo que está deixando bigote.
Posiblemente me multarán por esta carta con 300 euros e posiblemente me quitarán dous puntos, pero Zapatero seguramente perderá dous votos e seguramente perderá ó Z de Zapatero, pois ó Z é do Zorro e seguramente perderá ó R de Rodríguez, pois ó R é do Raposo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario