Ola Estrella! A que endexamais che dixen hoxe que tes un pelo loiro moi bonito? Pois non cho vou dicir, pois esta carta é un reproche.
Fai uns anos pedinche que me mesturases unha cervexa de verdade con outra de mentira (ou sexa unha normal e unha sen), para así obter unha cervexa de 2.6 % de alcohol. Non me fixeches caso, agora saio cunha tal Cruz apelidada Campo, alcumada LIGTH. Eu que sempre falei en galego, incluso na escola cos mestres, nos tempos de Franco, agora teño que falar en castelán, para entenderme coa sevillana. Eu, que son máis galeguista que Quintana (dixen galeguista, non nacionalista), ata teño unha moeda suboficial, porque oficial é anticonstitucional. O PESO: 5 céntimos son un PESO, 50 céntimos son dez PESOS, un euro son vinte PESOS. De feito estou pensando en montar un negocio de TODO A VINTE PESOS.
Teño que despedirme de ti, teño cita con Cruz, quero que saibas que sigo namorado de ti, que se ti me quixeses a milésima parte do que eu te quero a ti, compraría un décimo de lotería do Nadal gañador, secuestraríate e levaríate a unha illa deserta, onde o sol quentase día e noite, e que ademais tivese un hotel de 5 estrelas, que contigo sería de 6.

No hay comentarios:
Publicar un comentario