Neste outono temos de todo: choiva, tronos, lóstregos, aire, vento e ata un tornado. Si, un tornado (esperemos que non torne). Entrou na fábrica de conservas de Carballo, sen permiso do vixiante e fixo moitos estragos materiais. Menos mal que o xefe das inclemencias meteorolóxicas non lles dá as fins de semana libres (cousa que están reivindicando) e tivo o tornado que traballar de domingo, que senón...!
Nunca choveu que non escampara, ata este outono! Que maneira de chover! Será porque eu canto mentres me ducho? Non é que cante moito! Serán polo cambio climático estes extremos ou serán pola crise? Como a crise é global creo que fixeron un E.R.E. (expediente de regulación de emprego) no ceo, e quedaron sen traballo Lorenzo e Catalina. Agora traballan de cando en vez na economía submerxida. Traballan pouco. Teñen medo de que os pillen. A ver se, agora que vén o Nadal, lles fan un contrato de longa duración, pois precisamos andar para descolesteralizarnos dos poucos excesos, que cada vez son menos.
Andar tamén se anda chovendo, pero non é o mesmo. Móllaste, empápaste e encharcas os pés. Aínda que eu merquei uns zapatos de Gore-Tex nun centro comercial, cuxo nome non direi, pero que ten apelido francés, ou inglés?
Andar tamén se anda chovendo, pero non é o mesmo. Móllaste, empápaste e encharcas os pés. Aínda que eu merquei uns zapatos de Gore-Tex nun centro comercial, cuxo nome non direi, pero que ten apelido francés, ou inglés?
No hay comentarios:
Publicar un comentario