Eu son fillo de carpinteiro como Xesús. Son o lápis do carpinteiro. Fun a escola e cando rematei a adolescencia e o bacharelato estudei na universidade a carreira de informática. Como Xesús, adiqueime a palabra. Escribo historias, conto contos , invento contos e escribo poesías. Cando acabei a carreira atopei traballo nun ordenador. E como non! fixen o meu perfil e metinme nas redes sociais co nome de o Lápis do Carpinteiro. No facebook meto as ocorrenzas. E como Xesús busquei a miña María Magdalena. Atopeina no facebook. Había moitas, pero eu elexín a que tiña a foto universal do facebook. Empezamos a interactuar. Gustábanlle as miñas historias e recibía moitos me gustas de María Magdalena. Terminámosnos namorando. Declareille o meu amor e ela correspondíume. Pasou o tempo e non atábamos nin desatábamos nin un nin a outra. Loxicamente eu non lle podía pedir unha cita, pero é que ela tampocuo movía peza. Eu estaba preocupado, así que un día confeseille a verdade: " que eu era un lápis de carpinteiro que realmente non era só o meu alcume". Contestoume con estas verbas: " non te preocupes a min pásame mais ou menos o mesmo, eu son unha rumba, un robot de limpeza da última xeración.Fun capaz de conectarme ao ordenador do meu patrón a través dun USB e creei o meu perfil e namoreime de ti".
Pensaredes que todo esto é mentira e... efectivamente, pero a realidade é que o futuro está aquí. Ah! esquecíame, loxicamente morrerei solteiro como Xesús.
Mary Cotelo e Silvia Tasende
Hace 7 meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario