Era visto...Evaristo

Eu non son de meterme moito en política nin cos políticos. Pero cando se me ocorre unha ocurrencia fago unha viñeta ou unha frase e mandoa ao Facebook.
Unhas veces métome con Feijóo, outras con Zapatero, con Rajoy, con Sánchez... e como non co noso alcalde Evencio.
 Lémbrome dunha viñeta: Foi Feijóo visitar un instituto e di a profesora de física:
- Manuel! fálame da gravidade de Newton.
- Señorita como lle vou a falar se nen sequera sabía que estivese enfermo.
- Dase de conta Sr. Feijóo o que son os recortes?
- Non sabía que os recortes en sanidade tiveran que ver coa saude deste señor.
Cando a sinal de 20 diante da igrexa fixen esta:
Eu chamando a Radio Voz falando co alcalde:
-Sr. alcalde o outro día ía eu a 20 e adiantoume unha tartaruga. Multarana?
- Dame a matrícula.
O día despois das eleccións mandeille unha mensaxe ao Sr. alcalde:
- Sr. alcalde é imposible acadar tantos votos facendo campaña a 30 por hora. Vostede tivo que andar a 200.
Eu viñen avisando que ía a pasar o que debía pasar. Era visto... Evaristo. Onte as vinte horas un peatón atropelou un coche. O coche, un Opel Astra con matrícula 4654 BCD, está ingresado na unidade de coidados intensivos de Talleres Ledo.
Que conste que lle teño moito aprecio a Evencio e el a min tamén...mo tiña.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo