Evaristo do Ferreiro

Prácticamente todo Sofán e moitos do concello de Carballo coñecemos a Evaristo do Ferreiro. Sabemos que facía gaitas e era gaiteiro. Sabemos que canta nunha coral. Sabemos que era taxista. Sabemos que ten un museo de radios antigas. Pero poucos saben que, ademais de ser do ferreiro( seu tío, seu avó, seu bisavó) el tamén foi ferreiro. 
Non era un maestro templario pero era un maestro do temple, pois templaba o aceiro coma ninguén. Facía ghavillos e apuntaba as picarañas dos peóns camineros.
De todo isto lembreime unha noite de verán que nos agasallou o mes de febreiro. Unha noite de super-lúa.. Vin a Evaristo do Ferreiro, dándome as costas e contemplando o ceo. Quixenlle por medo. Toqueille o ombreiro e nin se inmutou:
-Pensei que che ía a por medo Evaristo!!
-Aos meus 85 anos non lle teño medo a nada. Xa ves!! podías ser a da gadaña e nin me enteraba.
-Pois eu téñolle medo a todo. Ata llo teño aos ratos e aos malos ratos.
Contemplas a super-lúa?
-Si. Parece mentira que estivésemos alí a 364.000 quilómetros. O que é a tecnoloxía!!
- Vos os ferreiros sodes a ostia!!
-E non volvemos dende mediados dos setenta do século pasado. Nin os americanos, nin os rusos, nin os chineses, nin os galegos. Será moi caro ir alí?
- Non ho!! Non debe haber petróleo.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo