Pasamos por el portal, pisando una alfombra azul. Nos recibieron un grupo folclórico y dos azafatas, vestidas de corto y de azul. En el jardín había un 75, donde nos hicimos unas fotos. Un poco más adelante, nos recibieron los miembros de la familia y camareros con unas copas. Nunca me trataron tan bien. Aún estoy extasiada.
Isto contoumo María, unha compañeira de traballo. E deille a razón. Eu cando vin aquelas azafatas vestidas de corto e cor Calvo, dixen: "E logo eu non podía traer un vestido así; pois teño unhas pernas moi bonitas".
Todo o mundo coas súas mellores galas. As mulleres todas guapreciosas. Os homes, todos bonitos; eu diría atúns. Tal era tanta beleza, que no cumio, no cénit de tanto esplendor, díxolle un home a a unha dona: "Cando vaias para o ceo, estou seguro de que Deus se vai namorar de ti."
Tomamos o aperitivo a base de petiscos varios, e escoitamos un grupo de jazz e os discursos. Chano, moi emocionado e falando en galego, fixo que a súa emoción fixera do seu discurso unha perfección. Chicha, super-simpática, como só sabe facer ela. Emocioneime moito, cando nomeou a Máximo Aguiar. Chicho estivo máis sublime ca nunca. E gustoume moito o detalle de Marta lembrándose da nosa Titi (Chicha). Seguimos pola alfombra cor Calvo ata o comedor, un comedor a carón dunha piscina impresionante. Unidades de decenas de camareiros tiveron ansia de nós, sempre pendentes de nós, por se nos faltaba algo. Viño do mellor, tanto branco coma tinto. Trouxéronnos un prato con catro cigalas, súper-frescas e con sabor a mar. De alí a pouco pasaron os camareiros con fontes a tope de cigalas, para repetir. Preguntáronlle ao do meu carón, despois de botarlle outras catro, se quería máis, e díxolle: "Para, non me botes máis!!" Chegaron a min e díxenlle: "Eu non che vou mandar parar, fai o que queiras!!" Contestoume: "Ata un quilo, teño permiso". Encheume o prato.
Mirei para o coitelo e pensei: "Esta ferramenta non serve para cortar a carne". Aquela carne cortábase co garfo, de tan tenra e saborosa que estaba, parecía manteiga. As patacas divinas. A sobremesa exquisita e deliciosa. O ambiente do mellor. O baile. O bufete. Todo perfecto. Xa estou contando os días, as horas, os minutos, os segundos, os terceiros que faltan para o centenario. Espero que os membros da segunda xeración me inviten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario