Tres cafés ao día

  Unha señora foi ao médico:
  - Doutor, cada vez que tomo un café sinto unha punzada nun ollo!
  - Probou a quitar a culleriña da cunca?
  Quitando a culleriña o café é un gran estimulante. Eu mentres non tomo o café non son ninguén. Adoito  tomalo canto antes. O sr. Cerciello, o meu xefe en Nápoles, tamén se espertaba cun café. Aínda que ao principio costoulle. Cando empecei a traballar alí, díxome:
  - Ás sete da mañá espértame cun café expreso sen azucre. O primeiro día esperteino e deixeillo enriba da mesiña de noite. Cando fun  arranxar o cuarto, o café estaba intacto.
  Ao outro día igual. Despois de varios días decidín pórlle unha cullerada de azucre. Tomou a metade e así pouco a pouco fun facendo que tomase o café. Sete culleradas lle botaba!! Había que ver aquela cunca o limpa que estaba!!
  As excelencias do café empezaron na Idade Media en Abisinia, no corno de África. Un pastor viu como a súa cabra colleu enerxía e púxose a saltar e a brincar como unha cabra despois de comer unhas bagas dunha pranta. Comeunas el tamén, e tamén recobrou vigor. Levou aquelas bagas a un mosteiro e os monxes non lle fixeron caso, e tiráronas no lume, e as bagas  desprenderon un agradable aroma. Foi así que empezou a historia do café.
  O café é moi beneficioso para a saúde:
  - Aumenta a memoria.
  - Prevén a depresión.
  - Axuda a perder peso.
  - Reduce a posibilidade de diabete nun 50%.
  - Aumenta a enerxía e fortalece a resistencia.
  - Prevén o párkinson.
  - Impide a gota.
  - Ten máis antioxidantes ca ningún vexetal.
  - Prevén o cancro de mama.
  - Reduce o risco de cancro de próstata.
  Xa vedes! Con dous ou tres cafés ao día e un pouco de alegría aumentaredes a vosa calidade de vida.
  E como mostra, un botón. Este día fun tomar un café ao meu bar de costume, e había un camareiro novo:
  - Posme un cortado.
  O camareiro colleu un coitelo e púxoo debaixo do chorro do café.
  -Aquí ten.
  Rímonos e díxenlle.
  - Ti es dos meus!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo