Díxolle Robert Redford a Demi Moore: "Douche un millón de dólares se te deitas comigo". Ela pensouno e repensouno e consultoullo ao futuro cornudo. E os dous decidiron que si. Isto ocorreu na película Proposición indecente. Un amigo meu comentándoa díxome: "Moitos choios se perden por non ter cartos!" A que ven isto? Pois que case que todos temos un prezo. Ata La muerte tenía un precio, e Por un puñado de dólares, El bueno, el feo y el malo e algún dos nosos políticos son capaces de meter a man no caixón público.
A nosa multirraza é capaz de facer grandes cousas. A nosa multirraza é campioa do mundo e de Europa en moitas disciplinas deportivas. Somos envexados por todos. Pero... Aí está o pero -que non é o porompóm-, somos campións en corrupción. Vénnos de séculos atrás. A nosa multirraza para poder campar e sobrevivir tivo que usar certas mañas, certas picardías de fronte aos poderosos (a nobreza e o clero). De aí os pícaros, de aí a novela picaresca. Houbo quen loitou contra os poderosos créndose un fidalgo, un cabaleiro, un cabaleiro co seu escudeiro, desfacedor de entuertos, un defensor de princesas, de princesas plebeias...; en fin, un regalador de altruísmo. Non é que acadase moito nos seus intentos, pero vendeu moitos libros e polo menos grazas ao Cabaleiro da Triste Figura sabemos que existe o altruísmo.
O outro día, o meu amigo Aniceto das Alturas, que ben podía escribir un libro e vender moitos libros, e se tivese cartos compraría moitos libros, díxome: "Mecaghiná!! Unha avioneta debía sulfatar e fumigar dende os Pirineos ata o estreito de Xibraltar e acabar con esta maleza, estas ortigas, estes toxos, estas silvas e estes cardos borriqueros e prantar políticos novos, así virían os tan desexados brotes verdes. Habiamos de facer regalos con moito sentido común, con ética, con moral e abonariámolos cun millón de sobredoses de honradez e, loxicamente, poriámoslle un pastor eléctrico arredor dos cartos!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario