De bar e de ceas!

  Dicíalle o alcalde da Peperiza ao seu amigo da infancia, director xeral de Aproveitadecoracións: "Teño dous orzamentos para pintar a casa consistorial. O primeiro orzamento é de A Mellordecoración, 27000 euros. Ofértame material de primeira, e man de obra cualificada e un tempo récord de execución. O segundo orzamento é da empresa Pinturas Honradas, 9000 Euros. Ofértame calidade a bo prezo e seriedade. Cal é o teu orzamento?". "O meu tamén é de 27000 Euros. Ofértoche o mesmo prezo do primeiro orzamento, e a seriedade e calidade do segundo. Contrato a Pinturas Honradas por 9000 Euros, 9000 para min e 9000 para ti". Tal como van as cousas parece que os partidos políticos funcionan así. Agora entendo por que as concellerías de obras son as máis ambicionadas e envexadas. Pero ben xa o dirán os xuíces. Esta crise económica. Esta crise de valores. Estes ladróns. Estes larpeiros... Ía dicir chourizos, pero négome a usar este delicioso manxar para definir a estes persoeiros. Pois iso todo faime trabucar nas miñas nocións xeográficas. E pensar que sempre pensei que unha illa era un anaco de terra rodeada de auga por todas as partes!! E agora resulta que Suíza é unha illa. Unha illa rodeada de terra por todas as partes. Si! Suiza é a illa do tesouro do extesoureiro do PP, o señor Bárcenas. Entendo que os políticos metan en gastos comidas, merendas e copas, pois nos bares en nos restaurantes fanse moitos negocios e soluciónanse moitos problemas. E entendín mal cando me dixeron o que fixera o PSOE de Ourense, que metera en gastos cubatas en Xinebra e en Roma. Pero a realidade é que foron cubatas de xinebra e de ron. Entendo que o PP vaia de bar e de cenas, pero o que non entendo é que tivera un Bárcenas repartindo o tesouro recollido polo cazo.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo