Non somos de aceiro-inox.








  O sábado pasado, Gumersindo da Rachola e Barca coas súas respectivas parellas foron  cear e  bailar a unha aldea alá en Malpica. Foron porque estaba a orquestra Olympus, que é do gusto de todos eles. Non tiveron falta de preguntar o que había para cear, pois xa o sabían, é case sempre o mesmo, pero a diversión está garantida.
  Durante a cea, nunha mesa ao carón  deles, saíu un comensal a fumar e cando voltou, díxolle aos seus compañeiros:
  - Non sabedes o que me acaba de pasar?
  - Non, conta, conta!
  - Acabo de matar a un home. Resulta que caeu  da bicicleta e levaba a cazadora do revés para cortar o aire e pensei que tiña a cabeza torcida e endreiteilla...
 Notábase  que estamos no tempo de Entroido e Gúmer, que sentiu aquilo, esbozou un sorriso e lembrouse dun conto que lle contaba o seu pai. Estaban tamén nun restaurante dous homes e un, que debía ser moi vacilón e tamén debía ser tempo de Entroido, dicíalle a un credulón:
  - Oíches! Nos tempos de antes a xente era moito máis grande e alta que agora, pois comíase máis san, non había tanta contaminación, nin tanto estrés, nin tantas hipotecas, nin preferentes... Fíxate que meu avó levantaba a man e tocáballe ao ceo.
  - Que grande debía ser!!
  Ao que un veciño de mesa, enfastiado do vacile do vacilón, preguntou todo curioso:
  - E logo cando tocaba o ceo non tocaba unha cousa enrugada, así como se fose unha uva pasa?
  O vacilón pensou: "Este tamén pica, voulle  dicir que si".
  - Si! Efectivamente.
  - Pois era un melindre do meu avó!
  Escomezou a soar a orquestra e dixo o cantante: "A primeira parella que veña bailar gaña 500 euros". Gúmer díxolle a Barca: "Vamos bailar". Pero a Barca, dada a súa inmensidade, fíxoselle difícil coller velocidade. Total que Gúmer viuse só na pista de baile, pero tamén, e soa, estaba unha rapaza, que tamén estaba esperando a súa inmensa parella. Gúmer vía achegarse máis parellas á pista e como non quería perder a opurtunidade de gañar aquel premio ficticio, quitou a bailar á súa compañeira de circunstancias...
  A última vez que foran a unha cea-baile, Gumersindo da Rachola díxolle a Barca:
  - Non tomes tantos cubatas, que non hai Deus que te ature! É mellor tomar dúas cervexas.
  - Vale, para a próxima, un par de cervexas!
  E efectivamente, tomaron dúas, dúas ducias de cervexas, tal era a insistencia de Barca de invitar a Gúmer.
  Ao día seguinte, Gúmer estaba tan mal, que foi por urxencias. Alí deitado na padiola, prostrado naquel leito de resaca,  díxolle o doutor :
  - O corpo fainas e o corpo págaas.
  Ao que Gúmer, abrindo os ollos, cun chisco de lucidez, repuxo:
  - Si!!, pero as cervexas pagounas Barca!! 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

VAITES, MENOS MAL QUE ME DEI CONTA QUE ENTRE OS MEUS FAVORITOS DO PRINCIPIO, AINDA NON NOS COÑECÍAMOS ESTABA ESTA PÁXINA E HOXE REPASANDO AS MIÑAS PREFERENCIAS ATOPEI CUNHA PARELLA NUNHA FESTA CUNHA ORQUESTA CASE DA MIÑA ALDEA E PORRIBA DUAS DUCIAS DE CERVEXAS NO PAPO!!!!. FAI FALLA SER MÁIS QUE DE ACERINOX, MEU!!!!!. CON RAZÓN O MÉDICO DIXO QUE EL CUERPO LAS PAGA, AINDA QUE SEXA EN GALEGO, MEU!!!!!.

MOITOS SAUDOS DESTA PEZA QUE DEIXA PRA MAÑAN TODO E DESPOIS......NON O FAI!!!!!!.
TÚA AMIGA: MARISOL

José Manuel Canedo Aguiar dijo...

Doulle voltas e non me decato de quen eres. Tu sei ragazza e io vechio. Grazas polo teu comentario e se me puideras dar unha pista de quen eres!

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo