- Buenos días, vengo de parte de Monseñor Rouco.
- Sabía que falabas castelán cando che falaban en castelán. Sabía que falabas galego cando che falaban en galego, pero non sabía o que falabas cando empezabas ti a conversa. Agora xa o sei.
- Me manda el Monseñor Rouco. Soy de los Peares... Vaia, son dos Peares. Sempre tiven a ilusión de ser presidente da miña comunidade. Xa de pequeno, mentres os meus amigos fixeron a comuñón vestidos de marineritos, frailes e de apóstolo, eu fíxena vestido de presidente da Xunta de Galicia. Tardei moito en selo, pois un señor de Vilalba ostentaba o cargo. Gañei as miñas primeiras eleccións prometendo austeridade...
- Tamén prometiches acabar co paro en 45 días. A tasa de paro estaba nun 12% e agora está nun 23%.
- Cando cheguei ao meu despacho, quitei a mesa e as cadeiras carísimas que mercara Touriño e fun á feira de Carballo e merquei unha artesa e unhas banquetas de piñeiro ser vernizar.
- E as cadeiras e a mesa de Touriño, vendíchelas?
- Non, están no faiado. Puxen á venda os Audis e merquei un citroen 2CV de quinta man e pinteino de cor aceiro inoxidable, para blindalo, e nin sequera lle metín radio-casete, para aforrar.
- E os Audis, vendíchelos?
- Non, están alí no alpendre a carón do hórreo. Merquei unha regadeira de plástico e xabón do Lagarto para ducharme, e fai unha tempada que teño un pruído, unha comechón nas miñas partes que non me deixa vivir. Fun aos médicos, pero só me dan xenéricos e o outro día tiven un desprendemento cular, uns cólicos, unhas dores de barriga... e chamei á ministra de sanidade e díxome que tiña que dar exemplo, que nada de medicamentos normais e que rezara. Fun falar co Monseñor Rouco e aquí me tes, a ver se me solucionas o problema.
- Vaste ter que pór á cola. Ti non sabes a de centos de miles de persoas que queren que lle solucione os problemas: xente sen traballo, xente enferma, hipotecados, desafiuzados...
- Pero é que me mandou o Cardenal Rouco e penso que teño preferencia, que son preferente...
- Non me fales de preferentes, a que liastes os políticos e os banqueiros!! E aínda te atreves a dicir que o 2013 e o 2014 van ser malos e que por fin no 2015 Galicia encomezará a medrar economicamente. Pero a que hora? Porque se é ás 12 da noite do 31 de decembro, case que esgotando a lexislatura... E nin sequera amosas arrepentimento.
- Pois si, estou arrepentido. Tan arrepentido que nin sequera quería gañar as eleccións. Ata votei por Beiras. Só que o galego vota PP e agocha a man, e despois non lle votou nin Deus.
- Iso garántocho eu. Eu non lle votei ao PP. Eu voteille a Beiras. Cáeme simpático, ten un aire comigo e crese un Deus, pero non o é, porque existe. Síntoo moito, pero tes que esperar a túa vez. Entrementres douche un consello: non cortes as uñas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario