A ver como vai facer o Sr. Wert, o noso ministro de cultura, para poñer mestres de castelán nos colexios concertados e privados de Cataluña e das illas Baleares. A ver como fai, se o castelán está en perigo de extinción, para atopar mestres!
Que fixemos para merecer semellantes políticos? En Galicia non fan falla subvencións do ministro, pois xa se encarga Feijoo de que non se perda unha lingua tan rara.
Mira que dicir que nas tres comunidades históricas e nas illas Baleares non falamos ou non sabemos o castelán! Iso é unha auténtica burrada! Si! Sr. Wert, entendémolo, falámolo e enténdennos. Temos acento e estamos moi orgullosos de telo, pero para os castelán-falantes 100% é motivo de risa. Sr. Wert, eu dígolle: "Por que non subvenciona aos colexios concertados, privados e públicos doutras comunidades autónomas que falan castelán, pero non hai maneira de entendelos? Que aprendan a vocalizar todas as letras, sílabas e palabras. Pode que nos enganemos nalgún tempo verbal, pero vocalizamos á perfección".
Eu falo e escribo en galego, loxicamente como sei, e seguirei a falalo e a escribilo mentres haxa unha persoa que me lea e que me escoite. E se non a hai, falarei e escribirei diante dun espello!
No hay comentarios:
Publicar un comentario