Eran dous curmáns, Xosé e Xoán. Naceron na mesma casa a sete metros de distancia e a sete meses tamén de distancia. Xogaban, ían á escola, rifaban…, sempre xuntos. E fixeron a comuñón... no mesmo traxe. Ían xuntos á praia de Razo, na súa nenez, na súa adolescencia, na súa mocidade e alí escribían historias curtas, contos…, falaban dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos… e a vida separounos un pouco, un pouco moito. Un foi para Montemaior e o outro foi para Monte Calvelo. Agora que os nenos xa son grandes, teñen máis tempo para escribir, debuxar e desenrolar os seus maxíns. O outro día que en Montemaior e en Monte Calvelo había 36º de temperatura, miraron para o Monte Neme e nos seus pés había fume; non era un incendio, era brétema, néboa, borraxeira, e telepaticamente e telefonicamente puxéronse de acordo e foron para a praia de Razo, a 16º: que marabilla!
Esta foto quiteina dende o trípode formado polos montes Neme, Calvelo e Maior e é unha estampa moi típica de Razo e maxino que de moitas praias do norte de Galicia. Razo é unha praia moi emocionante, nunca sabes como vai resultar o día. Depárache sabores, sinsabores, e algúns que outros amores. Pola mañá é inútil que vaias, está case sempre nubrado ou con néboa. Pola tarde, si! Chegas, un sol radiante, divino, sen unha nube. Respiras o aire do mar. Es a persoa máis feliz. Estendes a toalla, déitaste e nisto que o Deus Vulcano cospe dúas nubes do Volcán Monte Neme. Mirade que é grande o ceo, pois unha delas vaise pór diante do sol. Tes frío e envólveste na toalla e rezas para que veña o vento e a leve. Nisto que o Deus Eolo abre a porta do nordés e aquela nube desaparece. A area levántase e rebózate coma un bisté. Rezas para que pare o vento… e efectivamente, calma chicha! Estás de marabilla cinco minutos e o Deus Neptuno bota fume do mar e envólvete de néboa. Si, é unha praia moi emocionante, queimas bilirrubina. Iso si, unha semana de verán non hai quen nola quite. Loxicamente a cachos, e de luns a venres, as fins de semana non entran nesa semana.

No hay comentarios:
Publicar un comentario