23jun2012

Carballesa de adopción



  Nacín na Coruña, traballaba e vivo en Carballo. Só podo falar ben desta vila que me acolleu e  me considera caraballesa. É unha xente encantadora, solidaria, traballadora, emprendedora, comprometida...
Existe o mito de que Carballo e unha vila de moinantes. Aínda que é certo que hai moinantes, son unha minoría ínfima. De 30.000 habitantes, só son moinates 1.000 máis ou menos. Eu coñezo moitos deles que son honrados e traballan. Tamén é certo que os hai que non son honrados e traballan na quenda de noite. Carballo tamén ten bonitas paisaxes, un paseo fluvial envexable e fermosas praias. Aínda que o areal de Razo non ten a bandeira azul por segundo ano consecutivo. Pero iso si, a bandeira amarela non hai quen nola quite, que xunto co servizo de socorrismo, salvou moitas vidas.
  O meu traballo en Carballo está a piques de rematar. Según disques, seiques e ruxerruxes o Sr. Rajoy prometeu emprego na campaña electoral e vai  crear un emprego simbólico, así tipo Chávez; vai  escoller ao meu xefe Lelo do Cotobelo, que é albanel en paro, e vaino  nomear ministro, con carteira de Medio ambientación e Reciclación. O meu xefe é famoso por ser un gran reciclador, levaba dez anos usando unha bolsa de territorio vaqueiro dun centro comercial da Coruña, cuxo nome non quero nomear e que ten apelido inglés. Esa bolsa usábaa para levar a súa friameira mentres traballou, xa que agora está no paro. Esa bolsa son eu. Xa vou velliña, xa estou medio rota e agora o meu xefe, coa carteira de ministro, non precisa bolsa. Pedinlle que me incinere, que esparexa as miñas cinzas no río Anllóns, pois quero ver o refuxio de Verdes, o estuario do Anllóns e o Monte Branco.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.