Nós temos un galo que xa leva moitos anos na nosa casa. Atende e ten contentas a 32 galiñas, todas poñedoras e sempre co sorriso no pico. Pero meu avó pensou que ao galo Xenaro lle pasaba coma a el. E díxome un día: "Xocas!, temos que ir á feira a Carballo mercar un galo novo para reemprazar ao galo Xenaro; hai que xubilalo". Xubilalo quería dicir metelo na pota. Eu e mais Xenaro, practicamente criámonos xuntos. Eu tíñalle cariño, e el a min tamén, e entendiámonos á perfección. Mercamos o galo novo, moi bonito, maxestoso, chulo, guapo... Era o mellor da feira. 10000 pesetas pagou o meu avó por el. Chegamos á casa e metémolo no galiñeiro. O galo Xenaro mirouno de arriba a abaixo. O galo novo mirou a Xenaro de abaixo para arriba e cando se atoparon as súas miradas comprendín que se acababan de retar. Os dous no galiñeiro non podían estar. O galo novo pensou: "Me lo papo!" E Xenaro: "Xa veremos!" Decateime de que o reto era unha carreira. E efectivamente, o galo novo deulle media volta de vantaxe a Xenaro, por chulería, como dicindo: "Aínda así, me lo papo!" Ía correndo o galo novo detrás de Xenaro cando o meu avó espertou da súa sonada e dixo: "Mariconadas no meu curral, non! Xocas!, á pota co galo novo". Gañou a astucia. Ao galo Xenaro só lle faltaba falar.
Esta historia contouma Xocas e eu díxenlle: "É mellor que non fale, para que queres que fale? Para que diga mentiras, falsidades, para que sexa igual que moitos de nós. Non, non e non, os animais son máis nobres, leais, legais que moitos de nós. Non te traizoan, dan a cara se teñen que pelexar. En cambio moitos animais racionais son capaces de pegar un tiro na caluga, de prenderlle lume ao monte, de meter un escarvadentes no buraco dunha pechadura... e sempre con nocturnidade e alevosía. É doado amestrar, domar, educar un animal. O que é imposible é educar a unha persoa que presume de educada".

No hay comentarios:
Publicar un comentario