O día 20 N, día das eleccións xerais, tiven unha serie de anécdotas curiosas e simpáticas e cóntovolas. Despois de votar fun comer a un restaurante, cuxo nome non direi pois é clandestino. Cando alí cheguei, diante da porta, na beiarrúa, había 5 ou 6 persoas fumando, un deles era coñecido meu e saudeino dicindo: "Vou rapidamente para adentro, que aquí fóra hai moito fume de tabaco". Quen o diría hai uns anos? Quen diría que agora cheira máis a tabaco fóra ca dentro? Alí comín comida supergalega: de primeiro polbo á grella con grelos e patacas, de segundo arroz cremoso con zamburiñas e grelos e de sobremesa flan de castaña. O flan non tiña grelos.
Estiven seguindo as eleccións. Sóubose o resultado da enquisa a pé de urna: maioría absoluta do PP. Tiven que saír e pasei por diante da gasolineira e mirei o prezo do gasoil, como adoito facer. O gasoil estaba a 133 céntimos. De alí a unha hora volvín a mirar o prezo e baixara a 131 céntimos.
Dixen: "Hostia xa empeza a funcionar o cambio!" Seguín vendo os resultados e alternando a televisión co ordenador, mirando as últimas novas no facebook e nisto que recibo unha mensaxe dun amigo, de Alberte Baña: "Vaite para a cama, que mañá tesme que pór o café". Contesteille: "Estou a durmir, só que me esquecín de apagar o ordenador".
E estas foron as anécdotas. E loxicamente non podo deixar de reflexionar sobre das eleccións. Eu penso que o PSOE perdeu por maioría absoluta. Agora por fin imos ver en que consiste o cambio. Vannos baixar o IVE, dado que protestaron pola súa subida? Van desconxelar as pensións? Vanlle devolver o poder adquisitivo aos funcionarios, dado que protestaron polo recorte? Eu penso que nos van dar traballo, como promete o Sr. Rajoy. Máis horas de traballo. Máis días de traballo. Si! Teremos que traballar os sábados pola mañá. E seguramente teremos que ir á misa os domingos e escoitar o Ángelus ás 12 da mañá!

No hay comentarios:
Publicar un comentario