Este día fun a unha cea de empresa. Unha cea familiar. Unha cea dunha empresa familiar que recentemente foi premiada como tal. Alí eramos todos iguais, non había uniformes, mandilóns, batas brancas, nin buzos nin monos. Os xefes estiveron campechanos coma sempre departindo e compartindo a festa. Porque foi unha festa á que eu estou ledo de ir, pois eu non pertenzo á empresa, pero todos os comensais son os meus compañeiros de traballo.
Homes e mulleres coas súas mellores galas. Os homes parecían condes, duques, marqueses... As donas parecían todas princesas, princesas de todas as cores rosas, verdes, vermellas, lilas, amarelas, azuis (celeste, mariño, turquesa...). Foi unha noite con estrelas e imaxino que había lúa, pois semellaba que eu estaba nela, tan apoucado estaba!
O menú consistiu en polbo, croquetas, luras sin su tinta, zamburiñas, unha cazola de peixe sapo e un xeado como sobremesa. O viño debía ser moi bo, pois unha compañeira de mesa botoulle unhas gotas a unha laranxada, e non había quen a aturara. Eu non bebín viño, pois o ano pasado xa bebín a cota deste ano. Bebín cervexa semi-alcohólica (unha cervexa de verdade mesturada cunha sen alcohol). Fixéronse moitas fotos. Gustoume moito o detalle do máis veterano, un gran entendido da materia, fotografando a unha nai coas súas dúas fillas e dicíndolles: "Vós as dúas xuntas non sodes a metade de guapas que a vosa nai". Andei por alí quitando instantáneas para facer esta foto, e vin un personaxe raro e fun ao seu carón e díxenlle: "Ti que fas vestido de ra?" E el: "Son un sapo esperando que unha princesa me desencante de todas as outras". "Paréceme que te trabucaches de batracio e de conto. O conto do sapo é que unha princesa lle dá un bico a un sapo e este convértese en príncipe e o conto da ra é que unha infanta lle dá un bico ao seu príncipe e sáelle ra". Marchou todo mangado e dixo que ía cambiarse.
Os organizadores trouxeron o AVE, o Cha,ca,chá do AVE. Nel subiron case que todos os comensais. Tamén trouxeron un animador de discoteca. A pista de baile era bastante pequena e a xente era moita, facía moita calor, así que non tardei en marchar. Moitos dos que estaban comigo dixeron que ían ir á Discoteca A Princesa. Eu non marchei ás doce, marchei ás dúas, a hora en que marchan os cenicientos. E fun onda a miña raíña, onda a miña bella durmiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario