historia do apalpador



  Esta historia é para reivindicar a figura ancestral do Papá Noel galego. Vive no Courel e o día de Nadal baixa das montañas e apálpalles as barrigas aos nenos mentres dormen, e se están desnutridos déixalles un lote de castañas. É orondo, grande e con barba longa e boina. Din que ten o oficio de carboeiro. Chámase O Apalpador. Esta figura haina practicamente en todas as culturas. Non é un invento do Corte Inglés, nin dos americanos.

  "Nun lugar recóndito da Galicia profunda, hai moitos anos, os nenos polo día do nadal non recibían agasallos. Por que? Pois porque o Papá Noel, que alí había, non tiña o kit de Papá Noel, non tiña a barba branca nin o pucho vermello co pompón branco.

O Papá Noel vía moita tristura nos raparigos, así que lle escribiu unha carta a Papá Noel pedíndolle o pucho vermello co pompón branco e a barba branca, para así poder desempeñar o seu oficio. Pero como Papá Noel era el, en vez de metela na caixa do correo, meteuna nun peto da súa chaqueta. Adicouse aos negocios e esquenceuse de lela. Fixo unha fábrica de galletas, as galletas Curruquetas. Aquela carta alí encerrada, naquel peto, sufría polos nenos, así que dixo: "Teño que facer algo. Sentín en algures que nas montañas de Lugo hai un home gordo, con boina, barba cor castaña, chamado O Apalpador e que tamén fai agasallos. Así que, como puido saíu do peto, esperou un temporal do suroeste e deixouse ir co vento atravesando montes, ríos e vales en busca do apalpador.

  Entrementres na fábrica de galletas Curruquetas, Papá Noel facía un control de calidade, e dicíalle ao encargado, botándolle a bronca: "A ti que che parece? Así o negocio non dá, tanto azucre, tanto mel, tanto anís... Estas non son galletas, son pasteis!! Ti que cres, que eu son Papá Noel?" E é nese intre no  que o apalpador leu a carta e dixo: "Voulle conceder os desexos ao meu colega regalador". E instantaneamente apareceulle por arte de maxia a Papá Noel o pucho vermello co pompón branco e a barba branca e o encargado contestoulle, asentindo: Si,si, es Papá Noel!

  E é dende daquela, e grazas ao apalpador, que os nenos de Galicia e de todo o mundo reciben agasallos o día de Nadal". 

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo