O sinal

  Gumersindo da Rachola ía facendo o seu percorrido diario, e cando pasou por diante da igrexa, pensou nas poucas veces que nela entrou, e ata se lembrou da última. Non é unha grata lembranza! Pois iso, quedouse mirando para o edificio relixioso e non se decatou dun sinal, que na beirarrúa estaba, e bateu coa testa na parte de abaixo. Debéronlle baixar o sinal, ou el dar un estirón, pois pasara mil veces por debaixo do sinal. Espertou de alí en quince días nun cuarto do CHUAC. No seu cuarto tamén estaba ingresado o cura de Sofán.
  - Lémbraste de min, Gumersindo?
  - Si, Don Antonio! Paso por diante da igrexa todos os días.
  - Pero non entraches dende aquela vez. Viñeches confesar. Pregunteiche os teus pecados e ti non querías dicir nada:
  - Fala, fillo, fala! Estás falando con Deus.
  - Eu digo moitos pecados, non obedezo aos meus pais nin aos meus avós, e...
  - E que?
  - Nada, nada!
  - Cóntame, lembra que estás falando con Deus!
  - É que eu cando boto un peido digo: Para o cura!
  - Vaia, agora vas para a sancristía e rezas 20 painosos e 40 avemarías, e despois vas para fóra e botas un para ti e outro para o Deus que te fixo! Ríronse da anécdota e Don Antonio púxose pálido coma un morto e pregoulle a Gumer:
  - Estou a morrer. Tesme que confesar e darme a extremaunción!
  - Pero Don Antonio, eu non sei!
  - Non me negarás isto no meu leito de morte?
  Nisto que se sentiu un ruído, un ruído enorme, un ruído coma un trono. E Don Antonio recuperou a cor na faciana. Era un ataque de gases. Don Antonio, cun sorriso dixo:
  - Para ti!!!
  Perdoade esta historia escatóloxica, pero este conto contábamo meu pai cando eu era un neno, e que menos que inspirarme nel. Expulsar gases é natural, e nós os galegos, que temos un idioma moi expresivo, temos que presumir. A palabra peido quere dicir algo consistente, real, verdadeiro... En cambio en castelán, pedo é coma que non é, é unha insignificancia, unha nadería... E cando un peido é un pouco máis grande, dicimos: "Que PEIDAZO!" Pero en castelán din pedazo. E digo eu : "Pedazo de que?"

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo