A mellor pataca

  Hai uns anos un cuñado meu pediume que lle axudara a apañar as patacas. Eu non che son moito de doblar o lombo e díxenlle que si, non sen antes preguntarlle canto tempo nos levaría. Contestoume que dúas ou tres horas. Aquel ano houbera moita abundancia e estivemos dende as dúas da tarde ata as once da noite. Ao outro día vin que había de comer patacas fritidas, ovos e chourizos, que é o meu prato preferido; eu pedín macarróns. A leira de meu cuñado está situada na Larbaña (parroquia de Castaño), limítrofe con Palistanco.
  Hai moitos disques, seiques e direiches sobre os labradores de Palistanco. Hai quen di que cando acaban as súas patacas, van a Landebuño por elas e véndenas coma de Palistanco. E aínda máis, díxome un día un coñecido que mercaban a exipcia e que tamén a vendían como propia, e eu rebatinlle: "Non ho! O que pasa é que teñen unha pirámide detrás da casa e prantan as patacas na horta da pirámide".
  Fóra bromas, sempre tiven o dilema de cal era a mellor pataca: a de Landebuño ou a de Palistanco. Ningún experto se molla. E este día Ghioso, no programa Solar, quixo aclararme esta dúbida. Levou unha delegación de Palistanco e outra de Landebuño. O reto era que o mestre fritidor, Don Teolindo da Casilla, ía fritir os dous tipos de patacas e metelas en bolsas de papel de distinta cor; o público, despois de probalas, ía  decidir cal era a mellor. Estiven toda a noite papando o Solar e ata o remate, Ghioso non aclarou as miñas dúbidas: "A pataca gañadora é a de Palistanco, pero por moi pouco, por moi pouco...!" Que diplómatico é este Ghioso. Aclarou as miñas dúbidas, pero non sabía canto era ese pouco. Este día atopeime con alguén que estivo entre bambalinas e viu o proceso da fritidura, e pregunteille: "Cal foi a diferencia de votos?" Díxome: "O 100%, pois as patacas eran todas de Palistanco; as de Landebuño queimábanse e quedaban crúas por dentro, así que o respectable só comeu as de Palistanco".
  O refrán xa o di: "A bo tenedor , poucas patacas bastan, a menos que sexan de Palistanco ou arredores"

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo