Du llu espik inglis

  Sempre houbo contos sobre do ben que falamos o inglés os españois. Un dos que máis me gusta é este: Nun incendio dun hotel, na terraza do último andar con piscina do hotel, estaba unha turista inglesa. Dicíanlle os bombeiros, coa lona tensa: "Tírese señora, tírese señora". E ela: "I don't understand, I don't understand". Vén o listo do grupo e di: "Deixádeme a min, que vós non sabedes!! Do llu espik inglis?" "Yes, yes". "Daquela por que non te tiras?"
  Estudei sete anos inglés e unha das poucas cousas que aprendín foi como se di bicar en inglés. Dise tomorrow contra mi morrow.
  E agora véñennos os contos da Anne Bottle. Parece mentira que haxa xente que di que unha autonomía con dúas linguas oficiais resta posibilidades de aprender o inglés. Non sei como fan na comunidade de Madrid con só unha lingua oficial. Pero vaia, como lle di Anne Bottle a Josemari Aznar: "La culpa es tuya. Tanto griego, tanto francés y tú que me hablas catalán en la intimidad, no tuve tiempo para el inglés".
  Fomos facer o ridículo a Bos Aires pretendendo organizar unha olimpiada. Para que unha olimpiada? Nós o que precisamos é unha limpiada, unha limpiada a fondo da nosa clase política.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo