MINGUaRTE

  Vin ao lonxe unha cadeira de rodas, como se botase fume, e pensei: "Seguro que é Milagros Cotelo coa cadeira que lle deberon dar os da Xunta, seguro que é unha cadeira a vapor, collida por Feijoo no museo de Cadeiras de Rodas. A tal punto chega a austeridade!!
  Non, non era unha cadeira a vapor, era a cadeira de sempre empurrada por Manolo Barrié coa súa sempiterna faria na boca fumeando.


  Atopámonos no Pazo da Cultura de Carballo, pois había a exposición de creadores bergantiñáns. Milagros tamén expuxo. O inicio da exposición foi unha danza interpretada e bailada por Alba Fernández Cotelo. Subiu as escaleiras danzando ao son da Negra Sombra. Que maneira de dobrarse! Sempre pensei que os ósos non dobraban, pero os dela deben ser de goma! Eu súo a fío para atar os zapatos!! Despois dos discursos volveu a bailar unha peza tecno, referente á crise.
  Entrei na sala de exposición mirando que non estivera Montoro para cobrarme o 21% de IVE, pero dixéronme que era gratis e que o 21% de gratis é g máis ou menos. Sempre que fun ao Pazo da Cultura pasei calor, pero desta vez non, dado que o tema da exposición é a crise e a min a crise dame calafríos. Nin sequera quitei a chaqueta!! Ollei as obras, vin dous cadros, un dun  home e outro dunha dona espidos. Supoño que a lectura da obra é que como sigamos así, imos quedar en pelotas. Por certo, fixeime na zona xenital do home e respirei aliviado.
  Outro cadro que me chamou a atención foi o cadro do Miguelo. Díxome que representaba la niña de Rajoy. Toda consumida, nos ósos, cun chupa usado na boca. Austeridade e recortes!! Vestida con farrapos mercados no Recorte Inglés.
  Paro, preferentes, recortes en educación, en sanidade, desafiuzamentos. Por certo, botei de menos unha viñeta dun carballés, que vin no seu caderno. Ía un caracol pola beirarrúa e dixo: "Bos días, limáchega", ao que respostou o aludido: "Non son unha limáchega!, son un caracol coma ti, só que me desafiuzaron".
  É certo que hai crise, crise económica, crise de valores..., pero de creatividade non a hai. Poden subir o IVE ao 100%, que os creadores seguirán a crear. Unha porque son altruístas e outra porque son egoístas e gústalles ensinar a súa obra. Seguirán a traballar aínda perdendo cartos. E nós os mortais, grazas a internet, sempre gozaremos das súas obras. O goberno non conseguirá eliminar a creatividade. Non conseguirán que teñamos o mesmo nivel cultural ca eles.
  Esta exposición pódese considerar o arranque, o inicio, o empezo, o primeiro das festas de San Xoán e o Sueño de Morfeo non vai a ser o penúltimo nin o último, pois despois deles aínda haberá moita troula!
Boas festas!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo