Outra carreira de Che foi cando el e seus cuñados quixeron matar un xabarín. Metéronlle unhas cabazas, polas que van loucos os xabaríns, dentro dunha caseta. O xabarín entrou pero saíu, despois de comer as cabazas, polo medio das pernas de Che, que lle estaba a cerrar o paso. Empezaron a correr detrás del, pero non o daban collido. Así que Che da Palleira agarrou un anaco de uralita, que por alí andaba, e cando pasou o xabarín polo seu carón deulle en todo o fuciño. O xabarín púxose a sangrar, pero seguiu a correr. Dúas horas estiveron correndo para coller o animal, ata que o xabarín xa non puido máis. Sentouse e dixo: "Matádeme dunha vez". Fun invitado á cea do xabarín ao forno, e cal foi a nosa sorpresa cando vimos o fuciño do xabarín todo roto, do uralitazo.
E por último: Che tiña unhas cabras e un castrón; unha delas estaba en celo, e Che mandoulle o castrón. Como a cabra tira ao monte, pois iso, a cabra miraba para o monte, que estaba detrás da leira de Che, e o castrón colleuna por atrás. Así que o macho acabou, baixouse e púxose a correr cara a Che, mirou para atrás e a cabra estaba quieta cara o monte. Todos sabedes que a cabra cando queda satisfeita corre de ledicia. E o castrón, medio mosca, volveu a subirlle á cabra. Así que acabou, púxose a correr e xirou a cabeza, pero aquela cabra seguía sen moverse. Volveu ao ataque e nada..., a cabra nada. O castrón xa non podía máis, e arrastrándose, subiulle outra vez á cabra. Pero a cabra nin se inmutou, o castrón, cabreado, foise cara a Che, como dicíndolle: "Síntoo moito, pero esta cabra non hai maneira de contentala! E Che, todo estrañado, foi xunto á cabra e viu que esta tiña os cornos enganchados no arame do cerre.
Non queira Deus que Che da Palleira se entere de que conto estes contos, porque daquela si que corre detrás miña.
As carreiras de Che da Palleira
Non sei nin por que, nin por que non, as veces que teño sentido falar de Che da Palleira, sempre acababa correndo. Quixo facer de torero nunha leira cerrada, toreando un becerro. Dicíalle ao touro: "Je, je, je, touro, touriño" e o becerro nin puto caso. Acercóuselle un pouco máis: "Je, je, je, touro, touriño" e o toro púxose a correr cara a Che e Che cara o outro lado, para saltar o valado rapidamente. Este episodio vino nun vídeo da cámara de fotos de Toni de Xaviña. E o becerro non corría detrás de Che da Palleira, corría diante dun can palleirán.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Datos personais
- José Manuel Canedo Aguiar
- A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
- A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario