De cando en vez vou con algúns amigos tomar unha copa ás barras americanas, e imos polo chiste. E fun testemuña dalgunha que outra anécdota simpática. Lémbrome unha vez que fun con Pepe da Brea e pedimos dúas cuncas e díxonos a camareira: "Aquí non hai cuncas", e contestoulle Pepe: "E daquela, onde comedes as sopas?" Outra vez fomos co xefe, Pepe, eu e o neno, que tiña 18 anos (dous anos menos ca min) e o noso xefe pediu: "Pon tres cubatas e unha Mirinda para o neno", e o neno todo alporizado gritou: "Eu xa mirindei, agora tamén quero un cubata!" E a última anécdota foi con Don Antonio, que era sacerdote. Xogaba con nós ao billar. Ensinábamos a doutrina do billar de carambolas e ensinounos a historia de Adán e Eva. Cóntovola: Díxolle Adán a Eva: "Eva!, dáme a mazá". "Non, non cha dou". "Eva!, dáme a mazá". "Non, non cha dou". "Pois daquela collo a pera". Don Antonio tiña coche, nós non, e levábanos ás verbenas. Un de nos quedaba con el e os outros ían bailar. El pasábao ben con nós e nós con el tamén. E un día levámolo á barra americana do Andaluz. Pedimos unhas copas e unha camareira fíxolle o conto a Don Antonio, para ver se a invitaba a beber algo. Invitouna e levouno a un reservado, de alí a dez minutos chegou Don Antonio todo alporizado gritando: "Le toqué una teta, le toqué una teta...!" E díxenlle: "Iso é pecado! Vaia lavar as mans inmediatamente". Lavounas e debeu lavar algo máis, pois veu máis relaxado.
Estas anécdotas conteillas ao meu amigo Ramiro da Pontenova fai 32 anos, loxicamente nunha barra americana. E díxome el: "Eu tamén vou algunha vez coma ti, de chiste. Non fai moito fun cun veciño, que se encabuxou en ir, descartando a miña oferta de ir á discoteca Chaquetón. Alá fomos e enganchou a unha camareira e foi con ela para un reservado, deixándome só. Eu non iría cunha camareira, que lle digo, se non a coñezo de nada? Vou para que me poña os brazos de barreira e me diga: "Métema pero non me toques"? Non , non e non. Fomos tarde para a casa e ás doce da mañá espertoume a miña dona levantando a persiana e berroume: "Ven aquí, mira o teu amigo coa súa dona e coa súa filla; seguro que van para a misa e ti de resaca. Aprende!". Calei a boca. Non lle dixen que o meu amigo foi á barra americana con premeditación e alevosía. Non, non llo dixen porque eu son fiel e senón pregúntallo á miña amante".
Aquí acabou a historia de Ramiro da Pontenova. Seguro que chegastes a unha conclusión. Ramiro, eu e mais Adán tamén: "SE NON TES LAVADORA, LAVA Á MAN"
Aquí acabou a historia de Ramiro da Pontenova. Seguro que chegastes a unha conclusión. Ramiro, eu e mais Adán tamén: "SE NON TES LAVADORA, LAVA Á MAN"
No hay comentarios:
Publicar un comentario