A alegría de Sísamo


  Hai uns anos que a chamou Deus, pero ela coa súa forza, coa súa forza de vontade, coas súas ganas de vivir, co seu sentido do humor..., esquivouno. Pero Deus gañoulle o pulso. A Deus faltáballe no ceo a Alegría de Sísamo.
  Tiven a sorte de coincidir con ela neste último entroido. Os entroidos eran a súa paixón e os disfraces a súa especialidade.
  Estou seguro de que nalgún momento dos seus últimos momentos, pensou ou dixo: "Este ano non hai entroido", e estou seguro de que esbozou un sorriso. Pois non, non hai entroido porque xa o houbo. E os vindeiros entroidos non serán o mesmo sen ela. E no ceo serán moito mellores, se é que os hai, e se non os hai, seguro  que os inventa.
  Cando a vin por última vez, a súa última vez, deume a impresión de que ía vestida de galeguiña. Tiven unha certa envexa do seu traxe, pois quería vestila eu. Preguntarédesvos: quen son? Son o seu último disfrace.


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo