Había unha vez un votante que vivía no concello coruñés de San Xoán das Rotondas. Alí tamén vivían os catro candidatos a alcaldía. O noso votante non tiña as ideas moi claras de por quen votar, así que foi ao seu sabio de cabeceira. O sabio díxolle: "Mira! contábame meu pai, que nos tempos da república viña un candidato a praza do concello a pedir o voto e ofrecía un anaco de pan e dalí a pouco viña outro e ofrecía un anaco de pan e unha copa de caña. Agora segue a ser así, pero ti, o teu voto mira ben o que fas con el. É a túa ferramenta e o voto non ten prezo. ¿Viches se alguén te seguía se alguén esta moi pendente de ti? Ise é o candidato número un o Sr. Meicende que está centrado en ti. Ofreceche austeridade, optimización dos recursos, recortes, privatizacións e unha boa xestión.
O segundo candidato é o eterno candidato. O que ten a ilusión de ser alcalde, xa de pequeno fixo a primeira comunión vestido de alcalde. Pero ista volta tampouco vai a poder ser, pois vaino a fichar o goberno de España como ministro de traballo, parece ser que ten a fórmula para acabar co paro, si, estouche a falar do Sr. Cristobo.
O terceiro candidato é o Sr. Rocher, que che ofrece mantemento dos servizos sociais, igualdade, moita cultura.
E por último tes ao Sr. Patopequeno que pouca cosa nova nos ofrece, só moita capacidade de traballo, seriedade e moita humildade"
O Sr. votante saíu da consulta do sabio coa súa decisión, metiuna nun sobre e pensou: ¡ É boa cousa isto do sabio de cabeceira !
Nota: Xogo cos segundos apelidos dos candidatos. Sueiro Pastoriza, Andrade Cristóbal, Ferrero Rodríguez e Viña Patiño.
1 comentario:
Muy ingenioso. Viva la ironía.
Publicar un comentario