Si xa é primavera , non só nise centro comercial da Coruña, cuxo nome non nomearei pero que ten apelido inglés. É tempo de recendos do asfalto matador de fochancas que vivían e medraban, as súas anchas, nas pistas, rúas e estradas do noso concello. Si, de recendos que enchen as nosas fosas nasais. Tempo de carteis electorais, cheos de colorido, que enchen os nosos ollos. Tempo de trinos e sintonías, dos coches animando a mitins e ao voto, que enchen os nosos oídos. Tempo de carteis que puxeron nos mástiles das farolas a modo de velas dun veleiro que nos levará a bo porto, ao porto da tranquilidade electoral, o día 22 de Maio e que durará ata o 23 de Maio, comenzo da precampaña electoral das vindeiras eleccións. Tempo de prantas, bolígrafos e chisqueiros de mecha, moi aptos para terrazas en días de vendaval.
Todos os partidos gañarán, iso sabémolo o que non sabemos e quen será o alcalde. Ainda que si sabemos quen será a alcaldesa. Está claro ¿Non? ¡a muller do alcalde!
2 comentarios:
... non está claro, non! logo non pode haber dous alcaldes?
Curmán, non vaia ser que teña "marido". O que si case teño claro, é que aínda que non sexa o alcalde gay, a de dar polo cu, como case todos...ou non?.
Publicar un comentario