No ano 1992, ano do Quinto Centenario, disfraceime de soldado (tamén chamado quinto) con barba branca e longa ata os xeonllos: "De que vas disfrazado?" " E logo non o ves? De Quinto Centenario"
Pero a ilusión da miña vida era disfrazarme de mosqueteiro, e así o fixen noutro entroido.
Este ano, xa que están moi de moda as botas mosqueteiras, quixen aproveitar as botas mosqueteiras e tiña pensado disfrazarme de muller. Comprei uns leggins, un blusón e unha perruca.. Mireime ao espello. Que asco de muller!, barriguda, con bigote e perilla. Todo hai que dicilo, as pernas téñoas moi bonitas. A perruca facíame ilusión poñela, dada a miña calvicie, pero afeitar o bigote e a perilla case que non.
Total que vou aproveitar as botas mosqueteiras negras, con pantalón negro, camisa negra, capa negra, anteface negro e sombreiro negro. Loxicamente voulle quitar a este último o Z, porque o Z é do Zorro e voulle a por o R, porque o R e do Raposo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario