Son un seareiro do Deportivo e quero darlle o meu máis sentido pésame a toda familia celtista, en especial ao seu presidente, polo pasamento do seu fillo, o ministro do Interior de México.
Eu estaba e estou moi orgulloso del, pois el representaba o espíritu galego da emigración e chegou moi alto. É moi difícil ser alguén e máis na política, e máis nun pais estranxeiro, aínda que México non é tan estranxeiro para nós os galegos, unha polos emigrantes que hai aló, e outra polas películas de Cantinflas que nos puñan na galega sen dobrar (e iso que adoitan traducir ata os apelidos).

Quixo o destino que o pasamento do ministro Mouriño coincidise coa chegada ao máis alto da politíca americana do neto de Katherine Hepburn e Spencer Tracy, non tiña falta o destino de facer iso, pois é máis fácil lembrarse do 4-11-2008 que do primeiro martes despois do primeiro luns de novembro do 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario