A Deus rezando


  Estaba eu axeonllado rezando para que me baixara a tensión, cando debín chamar a atención do crego don Xesús. Axeonllouse ao meu carón e díxome: "Fai uns días que te vexo neste antro de bendición e é por iso que ti non me ves na taberna, nese antro de perdición. Levo moitos anos nesta aldea, e a igrexa está sempre medio baleira. Iso si, a capela está sempre chea. Alí comungan con pincho de tortilla, de zorza ou doutra cousa. E tamén beben viño, non é sagrado, pero seguro que é da Ribeira Sacra. Pensei que con esta crise a xente voltaría a Deus, pero segue co Deus, co Deus Baco. Empecei a dubidar da existencia de Deus. Así que eu tamén empecei a frecuentar a capela. E prometín que se algún dos meus compañeiros de copas viña á igrexa eu deixaría de ir á taberna e que volvería a crer en Deus. Moitas grazas por vir!" Contesteille: "Estou aquí grazas a un semideus, un semideus que existe. Que cre que recortando peixes e "austerizando" pans nos vai  dar de comer a todos. O semideus que nos ía quitar da crise en corenta días. Un semideus que me receita xenéricos. Eu antes, para a dor de cabeza, tomaba unha pastilla e pasábame; agora pásame, pero dóeme a barriga. Eu antes tomaba un antibiótico e atopábame mellor na segunda dose, agora rebéntame a cabeza e rebento por abaixo. Tomaba un antiinflamatorio e desaparecíame a dor e agora incho como unha pataca e non gaño para macelas, por iso practico a medicina preventiva. Rézolle a Deus e a todos os santos para non ter mal, ou para que me sanden.
  Vostede estea tranquilo; Deus existe. Se non existise, que Deus sería? Só que é un ser intermitente: hoxe existe, mañá non existe, pasado si...; o que pasa é que todas as desgrazas pasan en días non. Vostede volte á taberna, que é onde máis doutrina pode ensinar, que eu vou  rezar para que o Sr. Núñez Feijoo poña as macelas xenéricas, e na seguridade social".


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo