Rosa con espiñas, cardos e ortigas




  O pasado sábado, ollando El Correo Gallego, nas cartas al director vin unha carta titulada Rosa Díez, "Gallega". Esa carta escribiuna meu curmán, e di que Rosa Díez é burriña ou "gallega", pois vai perder moitos votos en Galicia por dicir o que dixo.
  Eu endexamais usaría verba tan fermosa para definir unha Rosa, unha rosa con espiñas, cardos e ortigas. Non se lle pode dar tanta importancia a que lle chamen gallego, no sentido pexorativo da palabra a Zapatero, pois el está moi orgulloso de que lle chamen gallego, de feito el antes de alugar vivenda na Moncloa, pasaba as vacacións en Galicia, concretamente en Portosín. Alí estaba facendo cursos de galego. E agora fai tan malamente mal o de presidente de Goberno para que o boten fóra ou para que non o voten. Quere voltar a Galicia, para ver se lle damos o título de galego, e así poder presentarse á presidencia da Xunta de Galicia por o PARGA.es (partido galeguista español).
  Ó que lle dou importancia é que a Sra. Rosa Díez lle chame gallego a Rajoy no sentido mellorativo da palabra, pois el non presume de selo nin de falalo. (E pensar que lle prometín o meu voto se falase galego, aínda que só fose na intimidade).
  Pois iso, curmán, para que a Sra. Rosa Díez vexa que temos cultura pexorativa europea fagámonos os suecos. Se algún día teño unha filla voulle chamar... Camelia e gustaríame que ti, curmán, foses o padriño.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo