O discurso que non foi


  Esta historia, que non é unha historia, é un discurso dunha cerimonia matrimonial. Encargoullo a unha sobriña miña, outra sobriña miña, que foi a que  casou. A min pedíronme axuda, que lles dera algunha idea e escribín este discurso, do cal foi aproveitada a esencia. Teño que aclarar o que era a Granxa de Corzo. Era unha granxa de vacas na que tamén envasaban leite; nela traballaban o avó da noiva e o avó do noivo. Agora esa granxa é onde está o complexo hípico das Casas Novas, propiedade do Sr Amancio Ortega. Penso que así é máis fácil de entender.

  "Fai moitos anos, na granxa de Corzo, coñecéronse un avó e outro avó. Fai uns aniños coñecéronse un neto e unha neta daqueles avós, preto da Granxa, digamos na provincia da Coruña. A Granxa de Corzo é o símbolo do poderío económico do Sr Ortega e esperamos que sexa o símbolo da vosa unión. Imos  pasalo ben nesta cerimonia cerimoniosa, ímolo  pasar de película, na que vós seredes o chico e mais a chica e nós coprotagonistas. Nesta cerimonia ceremoniosa non hai crego, non hai padrenuestro, pero hai algúns padresnuestros, padresvuestros, sogrosvuestros.. e demais familia e amigos. Faltarán as hostias (esperamos) pero comungaremos coas viandas, que imos degustar nuns intres, e coa torta, que en vez de ser nupcial será municipal, xa que vos casa unha concelleira, e non imos  envexar ao crego botándolle un grolazo de viño ao cáliz, pois nós tamén lle meteremos uns cantos, uns cantos moitos. O que tamén faltará será Hasta que la muerte os separe, pois non queremos que vos pase como a aquel matrimonio de vellos, el 95, ela 94. El morreu e ao día seguinte morreu ela, e no ceo: "Ai Manolo! Non podía vivir sen ti!" "Quieta aí; o contrato dicía Hasta que la muerte nos separe". Pois iso, queremos que a película do voso amor non teña un final. Queremos que sexa eterno".

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo