Eleccións municipais



  Chegou o momento que gañe Carballo un futuro centrado en Carballo, non en min. Este é o resumo dos eslogans desta campaña-primavera.

  Si, xa é primavera, non só nese centro comercial da Coruña, cuxo nome non nomearei pero que ten apelido inglés. É tempo de recendos do asfalto matador de fochancas que vivían e medraban, ás súas anchas, nas pistas, rúas e estradas do noso concello. Si, de recendos que enchen as nosas fosas nasais. Tempo de carteis electorais cheos de colorido, que enchen os nosos ollos. Tempo de trinos e sintonías, dos coches animando a mitins e ao voto, que enchen os nosos oídos. Tempo de carteis que puxeron nos mástiles das farolas a modo de velas dun veleiro que nos levará a bo porto, ao porto da tranquilidade electoral, o día 22 de maio e que durará ata o 23 de maio, comenzo da precampaña electoral das vindeiras eleccións. Tempo de prantas, bolígrafos e chisqueiros de mecha, moi aptos para terrazas en días de vendaval.

  Todos os partidos gañarán, iso sabémolo; o que non sabemos e quen será o alcalde. Aínda que si sabemos quen será a alcaldesa. Está claro, non? A muller do alcalde!

2 comentarios:

Jujobaca dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Jujobaca dijo...

... non está claro, non! logo non pode haber dous alcaldes?
Curmán, non vaia ser que teña "marido". O que si case teño claro, é que aínda que non sexa o alcalde gay, a de dar polo cu, como case todos...ou non?.

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo