Malo será!



  Nun principio, as medidas que tomou o goberno para aforrar parecéronme unhas chorradas. Que aforro eu cunha lámpada de baixo consumo que me regalou o ministro Sebastián? Que gañamos indo a cento dez se a produtividade baixa ao chegar tarde aos sitios ou descansando menos?

  Funme amoldando. Quitei todas as lámpadas de alto consumo e teño a que me regalou o ministro no meu peto e, se vou á cociña, enróscoa na cociña e así a calquera lugar da casa que vaia. Se vai frío poño a estufa e se vai moito frío acéndoa.

  Co dos cento dez costoume máis traballo. Alí ía eu co meu pé teso e ríxido e cos ollos, que se mira o velocímetro, que se a estrada, que se o velocímetro, que se... Total, que collín unha tendinite no pé dereito e outra tendinite nos ollos.

  Isto non podía ser e como a cabeza non para, decidín poñerlle un tope á agulla do velocímetro, para que non pasara de cento dez. E a agulla non pasaba de cento dez, pero o coche si. Díxomo a Garda Civil de Tráfico cunha multa.

  Pero como a cabeza non para, ocorréuseme comprar un Citroën dous cabalos de quinta man. Pinteino con pintura de aceiro inoxidable para reforzar a carrocería e para reforzar a miña seguridade.

  Se andando a cento vinte gastamos X, a sesenta, que é o que da o 2CV, gastarei V. Perdoade os números romanos, pero eu son de letras.

  Así, co que eu aforro e o que vai a aforrar o PP en campañas electorais, malo será que non saiamos da crise. Malo será! Don´t worry!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo