O Sr. votante




  Había unha vez un votante que vivía no concello coruñés de San Xoán das Rotondas. Alí tamén vivían os catro candidatos á alcaldía. O noso votante non tiña as ideas moi claras de por quen votar, así que foi ao seu sabio de cabeceira. O sabio díxolle: "Mira! Contábame meu pai que nos tempos da república viña un candidato á praza do concello pedir o voto e ofrecía un anaco de pan e de alí a pouco viña outro e ofrecía un anaco de pan e unha copa de caña. Agora segue a ser así, pero ti o teu voto mira ben o que fas con el. É a túa ferramenta e o voto non ten prezo. Viches se alguén te seguía, se alguén está moi pendente de ti? Ese é o candidato número un, o Sr. Meicende, que está centrado en ti. Ofréceche austeridade, optimización dos recursos, recortes, privatizacións e unha boa xestión.


  O segundo candidato é o eterno candidato, o que ten a ilusión de ser alcalde. Xa de pequeno fixo a primeira comuñón vestido de alcalde. Pero esta volta tampouco vai poder ser, pois vaino fichar o goberno de España como ministro de traballo; parece ser que ten a fórmula para acabar co paro. Si, estouche a falar do Sr. Cristovo.


  O terceiro candidato é o Sr. Rocher, que che ofrece mantemento dos servizos sociais, igualdade, moita cultura.


  E por último tes ao Sr. Patopequeno, que pouca cosa nova nos ofrece, só moita capacidade de traballo, seriedade e moita humildade".




  O Sr. votante saíu da consulta do sabio coa súa decisión, meteuna nun sobre e pensou: É boa cousa isto do sabio de cabeceira!






  Nota.- Xogo cos segundos apelidos dos candidatos: Sueiro Pastoriza, Andrade Cristóbal, Ferrero Rodríguez e Viña Patiño.


1 comentario:

santipazos dijo...

Muy ingenioso. Viva la ironía.

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo