Despois duns días de fumar, xogar e beber á conta nosa, decatámonos de que non se decidía a mercar tabaco nin a invitar a unha ronda. Díxenlle: "Non pensas invitar a beber nin a fumar?" "Non, ho! Eu fago coma meu avó, meu avó tamén facía así". E así dende ese día non fumou, nin bebeu, nin xogou máis. Estábache alí a mirar como nós xogabamos, bebiamos e fumabamos. Alí no bar. No bar onde pasabamos o tempo naquela crise dos anos 80. Loxicamente el era o branco das nosas falcatruadas, pois tiñamos alegría, ilusión...; sempre podiamos embarcar ou ir para o estranxeiro.
Non vou contar todas as falcatruadas que lle fixemos. Só vou contar unha, e esta cóntoa porque enlaza un pouco coa historia. Organizamos un alistamento nun barco mercante; loxicamente Ramiro da Pontevella non sabía nada. Un ía de camareiro, outro ía de mecánico, outro ía de cociñeiro... E el preguntou: "Eu podo ir?" "Podes ho, pero só queda o posto de capitán. Váleche?" E aceptou. Era domingo, e quedamos citados ás catro da tarde do día seguinte, no noso bar, para coller un taxi que nos levase ao porto da Coruña. Estabamos xogando ao billar cando chegou coa súa maleta ás catro en punto. Ao ver que nós non tiñamos disposición para embarcar, preguntou: "Volvín a picar?" Asentimos e pedímoslle perdón, e seguimos a xogar ao billar. Eu tiña unha xogada un tanto difícil. Non sabía como tirar e el díxome: "Pica a branca e fala saltar por enriba da bóla 14 e dáslle ao 2 e métela alí no fondo á dereita". A min parecíame moi difícil, así que lle dixen: "Tira ti". Tirou a bóla, saltou por enriba da bóla 14 e deulle ao 2 e entrou no buraco. Foi cara o mostrador, pediu unha cervexa e un paquete de tabaco e convidounos a tabaco e pagou a ronda. Así que acabou colleu a maleta, puxo as lentes de sol e dixo marchando: "Tamén sei ser coma o outro meu avó".
Posiblemente Ramiro da Pontevella embarcou nun cruceiro de luxo como monitor de billar e o resto marchamos para o estranxeiro.

A esta historia eu chámolle Luns ao sol, que se fose na crise actual chamaríalle Luns á sombra, máis ben á penumbra, a penumbra que nos producen os recortes e as austeridades. É que é tal a tristura, a desesperación, a desgana que rodea o meu ser, que nin sequera a min se me ocorreu nada para meterme con Rajoy, e non foi para respetarlle os 100 primeiros días. É que son incapaz de meterme con ninguén. Zapatero quitaba coellos da chistera, Rajoy non é capaz de quitar nin unha pulga dun coello. Zapatero vía gromos verdes, Rajoy non os ve nin negros. Rajoy prometeunos crear emprego como solución a todos os problemas e non creou nin sequera un. Digo así porque se o creara xa tería saído de portada nos xornais e nos telediarios. El mesmo anunciou a folga xeral e estanos a dicir que chegaremos aos seis millóns de parados.
Estamos nun presente indicativo dun pasado case perfecto, nun presente indicativo que non nos deixa ver nin sequera un futuro imperfecto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario