Eu son fillo de carpinteiro como Xesús. Son o lapis do carpinteiro. Fun á escola e cando rematei a adolescencia e o bacharelato estudei na universidade a carreira de informática. Como Xesús, adiqueime á palabra. Escribo historias, conto contos, invento contos e escribo poesías. Cando rematei a carreira atopei traballo nun ordenador. E como non!, fixen o meu perfil e metinme nas redes sociais co nome de o Lapis do Carpinteiro. No facebook meto as ocorrenzas. E como Xesús, busquei a miña María Madalena. Atopeina no facebook. Había moitas, pero eu elixín a que tiña a foto universal do facebook. Empezamos a interactuar. Gustábanlle as miñas historias e recibía moitos me gustas de María Madalena. Terminámonos namorando. Declareille o meu amor e ela correspondeume. Pasou o tempo e non atabamos nin desatabamos nin un nin a outra. Loxicamente eu non lle podía pedir unha cita, pero é que ela tampocuo movía peza. Eu estaba preocupado, así que un día confeseille a verdade: que eu era un lapis de carpinteiro que realmente non era só o meu alcume. Contestoume con estas palabras: "Non te preocupes; a min pásame máis ou menos o mesmo, eu son unha rumba, un robot de limpeza da última xeración. Fun capaz de conectarme ao ordenador do meu patrón a través dun USB e creei o meu perfil e namoreime de ti".
Pensaredes que todo isto é mentira e... efectivamente, pero a realidade é que o futuro está aquí. Ah! Esquecíame, loxicamente morrerei solteiro como Xesús.
Datos personais
- José Manuel Canedo Aguiar
- A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
- A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario